Nova edición do curso online "Aspectos legais de Internet e das TIC"

O CCII dada a boa acollida no CPEIG xestiona unha nova edición do curso online "Aspectos legais de Internet e das TIC", dirixido a aportar os instrumentos prácticos do Dereito nesta materia.

Aspectos legais de Internet e das TIC

O Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática (CCII) xestionou sustanciais descontos para alumnos que pertezcan a algún colexio. Este curso conta coa experiencia real de realización no CPEIG, cunha boa valoración ao respecto, sendo o principal problema a viabilidade do curso nun colexio aislado, razon pola cual o CCII impulsou esta iniciativa de modo que poida ser de aproveitamento para todos los colexios independentemente da sua masa social.

Os beneficios aplicaránse tanto a membros colexiados coma a precolexiados, para o cal haberá que indicar o colexio de pertenencia no formulario de matricula, sendo esos datos de pertenencia contrastados polo CCII con cada Colexio antes do inicio do curso.

O plazo de inscripción finaliza o 1 de abril

Obxetivos e oferta académica

O curso ofrece os instrumentos teóricos, e sobre todo prácticos, do Dereito nesta materia, tan necesarios para o profesional da Informática no desenvolvemento do seu labor.

O curso presenta unha nota de gran singularidade: á vez que examina a lexislación relevante, achega un completo, sistematizado e actualizada análise da xurisprudencia, é dicir, das sentenzas xudiciais, non só en España, senón tamén en Europa, á súa vez referente esencial en todo o mundo.

Esta fonda ancoraxe jurisprudencial, probablemente o seu principal valor engadido, contribúe de forma decisiva a dotarlle dunha firme dimensión práctica, indispensable, á vista do perfil profesional dos seus destinatarios.

O seu ensino beneficiarase tamén dun transfondo bibliográfico de gran riqueza, reflexo das culturas xurídicas máis representativas de Europa e, en xeral, do mundo occidental.

Destinatarios

Enxeñeiras/os en Informática, a través del Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática e, según proceda, dos correspondentes Colexios territoriales que o compoñen. No seu caso, outros profesionais interesados.

Dirección e Xestión Académica e Docencia

O director do curso é o Dr. Pablo García Mexía (Madrid, 1964), Profesor de Dereito e Goberno de Internet no College of William & Mary (Virginia, EE.UU.) e Letrado das Cortes Xerais.

Formado nas Universidades Complutense de Madrid, Harvard e Kent at Canterbury, o Dr. García Mexía é experto no tema desde fai máis dunha década, e vén impartindo o seu ensino, ademais de no citado centro norteamericano (Campus de Virginia e Madrid), en: IESE, Universidade Carlos III de Madrid e a Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), xunto a conferencias e ponencias en diversas institucións e empresas (entre as que destacan a asociación empresarial AMETIC, o Ilustre Colexio de Avogados de Madrid, a Xunta de Galicia, o Real e Ilustre Colexio de Avogados de Zaragoza, a Cámara de Comercio da EE.UU. en España ou Microsoft, entre outras).

Pablo García Mexía é Co-presidente académico de Syntagma, centro de estudos estratéxicos, empresa dedicada á asesoría, consultoría e formación estratéxicas no ámbito das ciencias sociais, con especial énfase na súa dimensión académica, e en campos como as políticas públicas e os aspectos legais de Internet e os TICs (www.syntagma.org). Syntagma conta cunha dilatada traxectoria en materia de formación, docencia e investigación, que pode constatarse na mencionada páxina web.

Xunto ao mesmo, impartirán sesións do curso acreditados docentes, tanto pola súa condición de xuristas de recoñecida competencia e acreditada experiencia profesional, como pola de indiscutibles expertos nas materias que se lles encomendan. Trátase dos profesores:

  • Dr. D. Fernando Bondía Román, Catedrático de Dereito Civil na Universidade Carlos III de Madrid, da cal foi Vicerreitor. O profesor Bondía dirixe o seu Máster en Propiedade Intelectual e é unha das maiores autoridades españolas na materia, sendo autor de numerosas publicacións así como de distintos estudos, informes e ditames.
  • Dr. D. Luís Felipe López Álvarez, Profesor ordinario de Dereito administrativo na Universidade a Distancia de Madrid, UDIMA, unha das principais universidades online do país. O profesor López é así mesmo Socio-director de Syntagma, Centro de estudos estratéxicos e avogado en exercicio.
  • D. Jorge Villarino Marzo, Letrado das Cortes Xerais, Director de Relacións Internacionais do Congreso dos Deputados e investigador doutoral sobre Dereito e Goberno de Internet (Universidade Abat Oliba-CEU).

Syntagma levará a cabo os labores de xestión académica e docente, incluída a propia impartición do curso, así como a elaboración e/ou coordinación dos materiais docentes.

Socio Tecnolóxico

Dado que o curso impartirase en modalidade online, Syntagma prestará este servizo de formación "chave en man" xunto cun recoñecido socio tecnolóxico, a empresa Landatel.

Landatel Comunicacións S.L. foi fundada a finais de 2.001 e as súas principais actividades son a integración, desenvolvemento e distribución de solucións de seguridade informática e comunicacións inalámbricas. Tamén posúe experiencia no desenvolvemento de plataformas de distribución comercial e de formación online.

Landatel encargarase da xestión técnica da plataforma online, baseada no software Moodle, con completa asistencia ao alumnado ante calquera incidencias tecnolóxicas que puidesen xurdir.

Programa

  • Semana do 8 ao 14 de abril de 2013. A Regulación da Rede. Bases e Novas Tendencias (Big Data, Cloud Computing, Internet das Cousas...). 4 Horas. Prof. Dr. Pablo García Mexía.
  • Semana do 15 ao 21 de abril de 2013. Implicacións Legais das Telecomunicacións (Operadores, Redes, Servizo Universal...). 4 Horas. Prof. Dr. López Álvarez.
  • Semana do 22 ao 28 de abril de 2013. Protección de Datos (Réxime vixente e Proxectos europeos). 4 Horas. Prof. Villarino Marzo.
  • Semana do 29 de abril ao 5 de maio de 2013. A Propiedade Intelectual na Rede (Copyright, Redes P2P, Streaming...). 4 Horas. Prof. Dr. Bondía Román.
  • Semana do 6 ao 12 de maio de 2013. Internet e Propiedade Industrial (Nomes de dominio, Marcas, AdWords...). 4 Horas. Prof. Dr. García Mexía.
  • Semana do 13 ao 19 de maio de 2013. Dereito do Comercio Electrónico (Contratos en Liña, Publicidade online, Consumo...). 4 Horas. Prof. Villarino Marzo.

Total: 24 horas 

Modalidade OnLine

O curso seguirase integramente a través de Internet, mediante acceso á plataforma Moodle que Syntagma e Landatel proporcionarán ao alumnado.

Na devandita plataforma, o alumno atopará os materiais necesarios para o estudo, consistentes en temarios escritos e soportes multimedia de todo tipo.

Dado o alto compoñente práctico do curso, os materiais incluirán prácticas ás que o alumnado poderá tamén acceder na plataforma online.

Metodoloxía Docente

A docencia e aprendizaxe estarán baseados no desenvolvemento polo alumnado das seguintes actividades:

  • Estudo persoal dos temas escritos que obrarán na plataforma online.
  • Resolución de casos prácticos, pondo en aplicación os coñecementos teóricos.
  • Participación no foro do curso, con vistas a reflexionar e dialogar acerca dos temas que o profesor propoña, tanto con este, como con outros alumnos.
  • Visita de webs e visionado de vídeos, polo interese que poidan presentar para as materias estudadas, e resposta ás correspondentes preguntas do profesor.
  • Cumplimentación dos cuestionarios de autoevaluación, subseguintes a cada un do seis módulos

Acreditación

En coordinación có CCII, e de acordo coa dedicación ao longo do curso, Syntagma expedirá os oportunos certificados de aproveitamento.

Calendario

O curso desenvolverase ao longo de seis semanas, entre os días 8 de abril e 19 de maio de 2013.

O ritmo será sucesivo, a razón dun módulo por cada semana, ata completar o total de seis.

Inscrición

  • O coste da matricula será
    • Alumnos inscritos en Colexios de Enxeñaría en Informática: 150€ + IVA
    • Alumnos no inscritos en Colexios de Enxeñaría en Informática: 195€ + IVA
  • A inscrición efectuarase mediante o envío do formulario existente para tal fin distribuído polos colexios profesionais autonómicos e publicado na web www.ccii.es e ingreso do correspondente importe na c/c 0081-5246-89-0001184924 do Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática.
  • As prazas son limitadas
  • Data límite de inscrición: Luns, 1 de abril de 2013.