A Nova Escola Galega convida ao CPEIG a debater sobre o Proxecto Abalar

O vindeiro venres, 22 de febreiro, no Seminario –Obradoiro de Avaliación de Materiais

Logo NovaEscolaGalega

Santiago, febreiro de 2013.-  O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, participará na mesa redonda Pasado, Presente e Futuro do Proxecto Abalar, que terá lugar o vindeiro venres, día 22, na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

 A iniciativa inscríbese no IV Seminario-Obradoiro de Avaliación de Materiais. O Proxecto Abalar, cara a onde?, que organiza a Nova Escola Galega e que conta,entre outros colaboradores, co CPEIG.

A mesa redonda desenvolverase de 19.30H. a 21.00H. Ademais do presidente do CPEIG, participarán como relatores Ramón Luis Sánchez, asesor de Abalar na zona de Ferrol, Pablo Nimo (Ensino Primario), Pilar Buela (Ensino Secundario), Camino Pereiro (Ensino Primario) e David Rodríguez Martínez como coordinador.

Máis información en www.nova-escola-galega.org.