O CPEIG rexeita o mal uso da expresión “ERRO INFORMÁTICO” por parte das autoridades políticas e dos medios de comunicación

O CPEIG manifesta a necesidade de xerar e manter confianza nos sistemas informáticos sempre que estean desenvolvidos e xestionados de xeito correcto

Símbolo do CPEIG

Unha vez máis, nos últimos días distintos medios de comunicación botaron man da expresión “erro informático“, ao reproducir as declaracións de responsables políticos, para encubrir a incapacidade das institucións e organismos de manter os datos dos cidadáns seguros, exactos e actualizados.

Nunha noticia aparecida o pasado martes, dia 12 de febreiro, nos xornais Faro de Vigo e La Opinión A Coruña, titulada Un error informático deja sin beca a decenas de universitarios con derecho a percibirla, ponse en evidencia que a responsabilidade é humana e que o tan usado concepto “error informático“ resulta ser unha vía de escape para que alguén ou algo, neste caso o Ministerio de Educación, non asuma a responsabilidade que lle corresponde.

Noutra información publicada o pasado día 8 do presente mes na edición santiaguesa de La Voz de Galicia, unha concelleira apelaba tamén a un “error informático“ para xustificar o impago das pagas extras aos bombeiros da cidade.

En conclusión, o CPEIG solicítalle aos medios de comunicación e aos responsables políticos que non desvirtúen o significado do concepto informático“ e que, antes de cualificar un desatino con un ou outro adxectivo, analice se se trata dun erro con máis cariz humano ca informático. Así mesmo, o CPEIG manifesta a necesidade de xerar e manter confianza nos sistemas informáticos sempre que estean desenvolvidos e xestionados de forma correcta.