Conferencia sobre o modelo de calidade CMMI: «CMMI na Investigación en TI - Calidade ou sobreesforzo»

José Luis Iparraguirre, pronunciar unha conferencia sobre o modelo de calidade CMMI o 24 de xaneiro
Logotipo da Universidade de Santiago

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012. José Luis Iparraguirre, experto en mellora de procesos de desenvolvemento de software, visitará o CiTIUS o próximo xoves 24 de xaneiro para pronunciar  unha  conferencia  sobre  o  modelo  de calidade  CMMI  (Capability  Maturity  Model Integration – Integración de Modelos de  Madurez de Capacidades).

Na conferencia, discutiranse as singularidades que caracterizan ós proxectos de investigación e precompetitivos na actualidade, e que os diferencian dos proxectos de desenvolvemento e enxeñaría convencionais. Nesta contorna, o estándar CMMI preséntase como unha oportunidade para tratar con proxectos cada vez máis complexos, debido á integración de equipos humanos multidisciplinares e ás restricións derivadas do uso compartido de sofisticados equipos e materiais. Ademais, tamén axuda no seguimento da validez dos obxectivos definidos, e permite adaptalos en caso necesario ás expectativas cambiantes da súa contorna.

Iparraguirre explicará as orixes do CMMI, nun repaso das persoas e circunstancias que axudaron a definilo,  e  afondará  nas  prácticas  necesarias  para  a  xestión  eficiente  dos  proxectos  e  o desenvolvemento de produtos de calidade.

A conferencia centrarase nos niveis intermedios do CMMI: o nivel 2, que aborda a Xestión do Proxecto: e o Nivel 3, destinado a avaliar o rigor na enxeñaría. Non obstante, proporase tamén unha reflexión sobre a a adecuación a este tipo de proxectos dos niveis de madurez máis altos (4 e 5).

José Luis Iparraguirre iniciou a súa exposición ó modelo CMMI en 1988, e dende 1994 traballa como consultor  para  a  mellora  de  procesos  de desenvolvemento  de  software,  de  sistemas,  para  a presentación de servizos e para adquisición de proxectos e sistemas.

Nos últimos cinco anos realizou 25 avaliacións de Alto Nivel nos Estados Unidos, Xapón, Rusia, Ucraína, México, Nova Celandia, Arxentina, Uruguai, Chile, España e Portugal; e 60 avaliacións de niveis 2 e 3 en Inglaterra, Alemaña, Suíza, Brasil e Sudáfrica.