Iker Seoane Currás, gañador do concurso de postais de nadal do CPEIG

O debuxo será a postal institucional coa que colexio felicite as festas

Postal gañadora I Concurso de Postais do Nadal miniatura

O xurado do concurso de postais de Nadal organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) acordou, por unanimidade, elixir como gañador a Iker Seoane Currás, quen recibirá como agasallo polo seu debuxo un Kindle Fire.

A postal de Iker Seoane, de 10 anos de idade, presentada polo colexiado Jesús Seoane, representa a adoración do Neno Xesús reproducida nunha pantalla de ordenador. O traballo de Iker será a postal oficial coa que o CPEIG felicite as festas do Nadal este ano.

Parabéns para Iker!