O CPEIG apoia a candidatura do Concello da Coruña como Cidade da Ciencia e da Innovación

Símbolo do CPEIGO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu apoiar a candidatura do Concello da Coruña como Cidade da Ciencia e da Innovación, unha distinción que concede o Goberno central. Así llo comunicou recentemente o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, ao alcalde do municipio galego, Carlos Negreira.

A Secretaría Xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación aprobou, mediante a resolución do 5 de novembro de 2012, a convocatoria para a concesión da distinción "Cidade da Ciencia e da Innovación", correspondente ao ano 2012, segundo se publicou no BOE nº272 de12/11/12. Esa resolución parte da consideración de que, a longo do presente ano, puxéronse en marcha e desenvolvéronse importantes proxectos directamente relacionados co impulso da ciencia, a innovación, o I+D+i e a divulgación científica.

Cómpre lembrar que o CPEIG premiou recentemente o Proxecto Smart City do Concello da Coruña co galardón Iniciativa da Administración. O propio alcalde da Coruña recibiu o premio no transcurso da cuarta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.