O CPEIG participa na asemblea do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática

A asamblea terá lugar o vindeiro sábado, día 27 en Valladolid
Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asistirá, mediante dous representantes, á asemblea xeral ordinaria do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática (CCII), prevista para o vindeiro sábado, día 27 de outubro, en Valladolid.

O presidente e vicepresidente do CPEIG, Fernando Suárez e Juan Otero, respectivamente, representarán ao ente colexial galego na asemblea. 

Está prevista a seguinte orde do día:
  1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
  2. Informe de xestión do presidente e aprobación
  3. Presentación e aprobación da memoria de 2011.
  4. Presentación e aprobación das contas de 2011.
  5. Presentación e aprobación do orzamento para os exercicios 2012 e 2013
  6. Presentación e aprobación do Plan de Goberno.
  7. Debate e aprobación dos criterios de colexiación e no seu caso dasemendas correspondentes ao redactado dos Estatutos Xerais da Organización Colexial de Enxeñaría en Informática aprobados na anterior asemblea.
  8. Información á asemblea da situación de tramitación dos Estatutos Xerais da Organización Colexial de Enxeñaría en Informática.
  9. Debate e aprobación de proposta de unidade de acción dos profesionais da enxeñería informática e os profesionais da enxeñaría técnica informática.
  10. Debate e aprobación de proposta de colaboración conxunta CCII-CONCITI-CODDII-RITSI.
  11. Información á asemblea da situación no colexio de Andalucía (CPIIA) e Aprobación das xestións ao respecto realizadas pola Xunta de Goberno.
  12. Pregos e preguntas.
A asemblea xeral ordinaria do CCII terá lugar no edificio CTTA (Centro de Transferencia de Tecnoloxías Aplicadas) do Parque Científico Universidade de Valladolid.