O CPEIG organiza un curso sobre Drupal

Impartido por Diego Meixeiro e Martín Rey, de Sdweb, empresa especializada en implantar Drupal en grandes organizacións como a Xunta de Galicia, Univ. Barcelona, Univ. de Santiago de Compostela, etc

Logo Drupal

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso sobre o CMS Drupal 7, ofertando un total de 25 prazas.

Drupal é un xestor de contidos web que facilita as tarefas de xestión de contidos web de forma semi-automatizada. Unha correcta configuración permite que estes procesos sexan rápidos, sinxelos e seguros. 

Está construido con software libre e basease nun sistema modular de funcionalidades, polo que é posible descargalo e modificalo para adaptalo a necesidades concretas permitindo construír desde pequenos portais, xestionados por un só usuario e cunha xestión simple de contidos, a grandes portais, cunha gran xestión de contidos baseado en regras de aprobación, e gran cantidade de usuarios, onde o sistema de roles e permisos xoga un papel fundamental.

Drupal é modular, multipropósito e altamente configurable que permite crear portais web de alta calidade, con artigos, imaxes, ou outros arquivos e servizos engadidos como foros, enquisas, votacións, blogs e administración de usuarios e permisos.

Un dos grandes retos aos que nos enfrontamos ao utilizar Drupal é, sen dúbida, superar a súa pronunciada curva de aprendizaxe. Chegar a dominar Drupal é unha meta custosa e que require esforzo e dedicación.

Este curso formativo, cunha duración de 20 horas presenciais, está dirixido aos profesionais do desenvolvo web. O obxectivo do mesmo é que un alumno con coñecementos básicos sobre desenvolvo web, posicionamento e uso de técnicas e ferramentas dixitais, poida en poucos pasos, descargar, instalar e configurar un completo portal sobre Drupal.

Semanalmente realizaranse as sesións formativas presenciais acompañadas con exercicios e prácticas, así como un dossier formativo con actividades adicionais para que este curso sirva de punto de inicio no mundo Drupal.

A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica, onde o alumno, desde a primeira lección, crea un portal a través dos exercicios propostos.

O curso divídese en 4 leccións principais, nas que se separa a instalación, a estrutura lóxica e de programación, a capa gráfica, e as técnicas necesarias para un correcto mantemento, incluíndo actualizacións de módulos, posicionamento do portal, ou desenvolvemento orientado a unha futura ampliación. 

Obxectivos

Preténdese  que  o  alumno,  ao  acabar  o  curso,  poida  desenvolver  de maneira autónoma un completo portal en Drupal 7. Para isto, é indispensable cumprir os seguintes obxectivos:

  • Adquirir unha boa base en Drupal e a xestión de contidos. O coñecemento sobre a filosofía  de traballo da comunidade  en Drupal, os  obxectivos  que busca e o seu funcionamento,  que  faciliten definir unha metodoloxía de traballo adecuada  para  cada proxecto, pensando no desenvolvemento e o mantemento posterior do portal. Facilitar o uso a usuarios avanzados e protexer o portal contra posibles ataques externos.
  • Coñecer a fondo a arquitectura de Drupal. Axuda a comprender a interactuación entre o núcleo e os módulos adicionais, a separación entre a parte lóxica e a gráfica, que axudan a comprender o seu funcionamento interno para sacar o máximo proveito á hora de crear novos proxectos.
  • Módulos adicionais fundamentais. Revisión de módulos non incluídos no núcleo, pero que resulta fundamentais para poder construír un portal potente e eficiente.
  • Adaptación a novas versións e módulos.  Actualización do sistema e técnicas para o seu correcto mantemento. Desenvolver o portal facilitando a súa actualización para solucionar problemas e erros, e a súa posible ampliación mediante novos módulos.

Relatores 

Diego  Meixeiro e  Martín  Rey, membros do departamento de software de Sdweb serán os responsables de impartir a docencia na actividade formativa especializada no CMS Drupal.

Ámbolos dous teñen ampla experiencia sobre o CMS Drupal e a comunidade de usuarios que o integran ofrecéndolle aos participantes na formación non só unha visión específica sobre módulos e funcionalidades senón unha contextualización do funcionamento da Comunidade Drupal e a súa visión sobre como desenvolver proxectos de alto nivel desde 0 no citado CMS.

Temario

  1. Introdución a Drupal, instalación e estrutura interna do núcleo.
  2. Instalación de novas funcionalidades en Drupal. Os módulos.
  3. O aspecto gráfico en Drupal. Instalación e personalización de temas gráficos.
  4. Actualización e mantemento dun portal en Drupal. Optimización e posicionamento. 

Lugar e calendario

O curso impartirase os días 9, 10, 16 e 17 de novembro en horario de 16:00 á 21:00 (os días 9 e 16) e de 09:00 á 14:00 (os días 10 e 17)

Celebraráse no CERSIA (Avda. Fernando Casas Novoa s/n, 15707, Santiago de Compostela). 

Inscrición

Número de prazas

O seminario está prevista para 25 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as, precolexiados/as do CPEIG: 95€
  • NON colexiados/as, precolexiados/as que acepten compromiso de colexiación ou precolexiación: 95
  • NON colexiados/as e NON precolexiados/as: 190€

Procedemento de inscrición 

Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.

O prazo de inscrición deste curso remata o xoves 8 de novembro ás 23:00.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 25 de outubro na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao seminario e o nome do seminario ("Drupal").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.