Información xeral sobre o curso BPM con A Gran Mudanza (2012)

A Gran MudanzaDentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2012 está prevista a realización do curso "BPM con A Gran Mudanza". Ao mesmo están convocados/as todos/as os/as colexiados/as, precolexiados/as e profesionais do sector TI que desexen formarse nesta disciplina.

Logotipo do CPEIGLogotipo da EGAP

Información

Curso de metodoloxía en deseño de procesos de negocio e xestión por procesos, que coa simulación A gran mudanza se pode ver o impacto da adopción de procesos na xestión de negocio que terá que ser apoiado pola tecnoloxía adecuada.

Calendario

O curso impartirase o martes 26 e o mercores 27 de xuño de 2012, co seguinte horario

  • Martes 26 de 09:30h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.
  • Mercores 27 de 09:00h a 13:30h e de 14:30h a 18:30h.

Lugar

Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Metodoloxía

A súa empresa, WWM (World Wide Movers), atópase nun mercado moi competitivo e outras empresas supéranlle en rendemento porque son capaces de alta eficacia.

Rumoréase que vai saír un concurso para un proxecto grande e complexo de mudanza (A Gran Mudanza), que se adxudicará á empresa que demostre o mellor rendemento.

Así que terá que conseguir rapidamente optimizar os seus procesos.

Este seminario é unha forma realista e interactiva de experimentar os conceptos esenciais e os beneficios do BPM (Business Process Management).

Os participantes afrontan situacións que recoñecen da súa contorna de traballo mentres revisan e experimentan coas claves do BPM:

  • Transparencia
  • Transformación
  • Flexibilidade

Ademais das técnicas de deseño de procesos e a sua monitorización, neste taller:

  • Ponse de relevo a influencia do comportamento, as capacidades e competencias das persoas para que funcionen os procesos.
  • Apréndese o papel da información, como se pode capturar e compartir.
  • Experiméntanse sistemas para habilitar e dar soporte óptimo aos procesos de negocio.

Obxectivos

  • Establecer obxectivos medibles
  • Analizar a situación desexada e a situación actual
  • Definir procesos e identificar indicadores de rendemento
  • Implantar procesos e definir como medilos 
  • Monitorizar e guiar os procesos
  • Conseguir a mellora continua de procesos
     

 

Relator: José Ochoa. PMP (www.joseochoa.com)

  • Deseñador de aprendizaxe e facilitador en programas formativos de xestión de proxectos, liderado, xestión do coñecemento e do cambio, usando técnicas de simulacións, e-Learning, e blended.
  • Director de www.conversaction.com. Provedor autorizado do PMI (Registered Education Provider R.E.P. #3018).
  • Project Management Professional (PMP) e membro do Project Management Institute (PMI), asistiu ao PMI Global Congress 2009 en (Orlando FL, EEUU).
  • Certificado en ITIL Fundamentals e formador en Xestión de Servizos.
  • Certificado en MBTI (Myers-Briggs Type Indicator) Step I e Step II, ferramenta de identificación do tipo psicolóxico para o desenvolvemento persoal.
  • Certificado (advanced) por Human Synergistics na súa ferramenta "Circumplex" de análise do comportamento individual, grupal e organizativo para o cambio e incremento de eficacia.
  • Certificado pola North American Simulation and Gaming Association como Deseñador de Xogos Formativos (Washington DC, 2009).

No pasado foi:

  • Xerente de comunicación e Webmaster na Oficina Web de Indra (2004-2006).
  • Xerente no Centro de Competencia e-Business de Indra (2002-2004).
  • Xerente do departamento HCI (Human-Computer Interaction) en Atlante (2001-2002).
  • Knowledge Manager en Icon Medialab (2000-2001).
  • Xestor de Proxectos na Dirección de Novos Produtos da Axencia EFE (1999-2000).
  • Xefe de Servizo da Redacción Multimedia da Axencia EFE (1997-99).
  • Director da colección de CD-Rom "Tesoros de la Biblioteca Nacional" (1997-2001):
  • Xestor de Proxecto para a produción de CD-Rom (1995-1999): Doce Meses (anuarios de 1997 a 1999),; España: 20 anos de democracia, Todo deporte 97, Euroguía 96.
  • Asesor de prensa e documentalista para o Gabinete de Prensa da Oficina da Comisión Europea en Madrid (1994-1998).
  • Escritor e tradutor. Autor entre outros libros de 101 claves de TI para directivos (ed. Prentice Hall), eOnde está o meu equipo? (Ed. H Klickowsky www.dondeestamiequipo.net).

Inscrición

Requisitos

Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.

Número de prazas

A actividade formativa está prevista para 15 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición atendendo aos seguintes criterios de preferenza:

  1. Colexiados/as do CPEIG e non colexiados/as que acepten compromiso de colexiación (*).

  2. Precolexiados/as do CPEIG e non precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación (**).

  3. Non colexiados/as e non precolexiados/as.

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as do CPEIG: 300€
  • Membros precolexiados/as do CPEIG: 300€
  • NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación: 300€
  • NON precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación: 300€
  • NON colexiados/as e non precolexiados/as: 700€

Procedemento de inscrición 

Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.

O prazo de inscrición deste curso remata o venres 22 de xuño ás 23:00.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada o 4 de xullo polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 4 de xullo na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso.

  • Se a cota a paga unha empresa, ingresará o importe da mesma até o 4 de xullo trala presentación de factura por parte do colexio.

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso.

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org