Información xeral sobre o curso Xestión de proxectos Reto de Exipto (2012)

Reto EgiptoDentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2012 está prevista a realización do curso "Xestión de proxectos Reto de Exipto". Ao mesmo están convocados/as todos/as os/as colexiados/as, precolexiados/as e profesionais do sector TI que desexen formarse nesta disciplina.

Logotipo do CPEIGLogotipo da EGAP

Información

Simulación na que os participantes teñen que construír fisicamente a pirámide de Keops nun período simulado de 20 anos. Partindo dun plan inicial, os participantes terán que organizarse e facer unha execución e seguimento que permita cubrir as expectativas do promotor, do cliente e os seus representantes, nunha contorna con condicións cambiantes 

Unha actividade que traslada ao pasado para probar a aplicabilidade de procesos, técnicas e ferramentas.

Calendario

O curso impartirase o luns 25 de xuño de 2012, en horario de 09:30h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.

Lugar

Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Metodoloxía

A escena ten lugar no Antigo Exipto, durante a cuarta dinastía, fai uns catro mil anos.

A pirámide de Keops é a porta a Máis aló para o Faraón, un proxecto de construción estimado en 20 anos que os participantes terán que levantar a partir dun plan inicial, que haberá de enfrontarse a riscos e imprevistos.

A organización é clave para levar a cabo a tarefa e cada participante representa un rol na complexa organización do proxecto.

A simulación El Reto de Egipto é unha dinámica sesión na que os participantes porán en marcha unha organización de proxecto, asignando roles, actividades e responsabilidades.

Tamén profundarán no coñecemento, habilidades e comportamento adecuados para xestionar proxectos de éxito.

Nas catro roldas deste taller interactivo, experimentará os aspectos máis importantes das boas prácticas de xestión de proxectos. Deixarase que os participantes ensaien cos elementos dunha boa xestión de proxectos.

Durante o proceso de construción haberá momentos de reflexión para aprender dos exipcios e da propia experiencia do equipo.

Ao final do proxecto, cando a pirámide este construída, haberá unha avaliación do proxecto e extraeranse as leccións aprendidas. 

Obxectivos

Cunha sesión dun día de El reto de Egipto aprendese a:

  • Como se poden pór en práctica os principais elementos da teoría de xestión de proxectos.
  • Pór en marcha unha organización de proxecto, asignando roles, actividades e responsabilidades.
  • Analizar os riscos do proxecto e atopar plans de resposta.
  • Levar a cabo os paquetes de traballo no papel de líder de equipo e monitorizar o progreso.
  • Facer o seguimento dos niveis de proxecto ou subproxecto (orzamento, prazo, alcance e calidade).
  • Resolver debates no proxecto.
  • Xestionar o proxecto có rol de xestor.
  • Manexar os cambios no proxecto.
  • Tratar có comité de seguimento.
  • Avaliar un proxecto.
  • Profundar no coñecemento, habilidades e comportamento adecuados para xestionar proxectos de éxito.

Desenvolvemento permanente do xestor de proxectos

Para persoas que queren certificarse PMP ou que necesitan acreditar PDUs este taller está certificado polo PMI, outorgando 8 PDUs categoría A para aquelas persoas certificadas PMP.

Relator: José Ochoa. PMP (www.joseochoa.com)

  • Deseñador de aprendizaxe e facilitador en programas formativos de xestión de proxectos, liderado, xestión do coñecemento e do cambio, usando técnicas de simulacións, e-Learning, e blended.
  • Director de www.conversaction.com. Provedor autorizado do PMI (Registered Education Provider R.E.P. #3018).
  • Project Management Professional (PMP) e membro do Project Management Institute (PMI), asistiu ao PMI Global Congress 2009 en (Orlando FL, EEUU).
  • Certificado en ITIL Fundamentals e formador en Xestión de Servizos.
  • Certificado en MBTI (Myers-Briggs Type Indicator) Step I e Step II, ferramenta de identificación do tipo psicolóxico para o desenvolvemento persoal.
  • Certificado (advanced) por Human Synergistics na súa ferramenta "Circumplex" de análise do comportamento individual, grupal e organizativo para o cambio e incremento de eficacia.
  • Certificado pola North American Simulation and Gaming Association como Deseñador de Xogos Formativos (Washington DC, 2009).

No pasado foi:

  • Xerente de comunicación e Webmaster na Oficina Web de Indra (2004-2006).
  • Xerente no Centro de Competencia e-Business de Indra (2002-2004).
  • Xerente do departamento HCI (Human-Computer Interaction) en Atlante (2001-2002).
  • Knowledge Manager en Icon Medialab (2000-2001).
  • Xestor de Proxectos na Dirección de Novos Produtos da Axencia EFE (1999-2000).
  • Xefe de Servizo da Redacción Multimedia da Axencia EFE (1997-99).
  • Director da colección de CD-Rom "Tesoros de la Biblioteca Nacional" (1997-2001):
  • Xestor de Proxecto para a produción de CD-Rom (1995-1999): Doce Meses (anuarios de 1997 a 1999),; España: 20 anos de democracia, Todo deporte 97, Euroguía 96.
  • Asesor de prensa e documentalista para o Gabinete de Prensa da Oficina da Comisión Europea en Madrid (1994-1998).
  • Escritor e tradutor. Autor entre outros libros de 101 claves de TI para directivos (ed. Prentice Hall), eOnde está o meu equipo? (Ed. H Klickowsky www.dondeestamiequipo.net).

Inscrición

Requisitos

Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión ou en condicións de obter a titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.

Número de prazas

A actividade formativa está prevista para 15 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición atendendo aos seguintes criterios de preferenza:

  1. Colexiados/as do CPEIG e non colexiados/as que acepten compromiso de colexiación (*).

  2. Precolexiados/as do CPEIG e non precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación (**).

  3. Non colexiados/as e non precolexiados/as.

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as do CPEIG: 240€
  • Membros precolexiados/as do CPEIG: 240€
  • NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación: 240€
  • NON precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación: 240€
  • NON colexiados/as e non precolexiados/as: 500€

Procedemento de inscrición 

Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.

O prazo de inscrición deste curso remata o venres 22 ás 23:00.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada o 4 de xullo polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 4 de xullo na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso.

  • Se a cota a paga unha empresa, ingresará o importe da mesma até o 4 de xullo trala presentación de factura por parte do colexio.

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso.

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org