"Open Data y RISP, generando valor social y económico."

Transparencia e innovación en la eAdministración. Estudio que analiza o contexto actual da iniciativa Open Data
OPEN DATA Y RISP, Generando valor social y Económico.Transparencia e innovación en la eAdministración

O CPEIG, co apoio da Xunta de Galicia, vén de editar este estudo pioneiro que, ao longo de 158 páxinas, analiza o contexto actual da iniciativa Open Data. O libro Open Data y RISP, generando valor social y económico. Transparencia e innovación en la eAdministración aborda as orixes, conceptos e réxime xurídico da iniciativa, ademais da opinión dos principais referentes do sector, e conclúe cunha serie de reflexións e análises do futuro da reutilización da información do sector público.

Os autores da obra son Emilo José Diez rico e Rafael A. Millán Calenti, mentres que a dirección e coordinación do mesmo corre a cargo de Fernando Suárez Lorenzo e Martín Gómez Rodríguez.

Open Data e reutilización da Información do Sector Público (RISP) consisten en poñer a información das distintas administracións dipoñible en formatos estándar que faciliten o seu acceso e permitan a súa reutilización.

Entre os obxectivos desta iniciativa destacan a xeración de valor e riqueza, posto que se obteñen produtos derivados dos datos por parte de terceiros; a xeración de transparencia, empregando os datos existentes para analizar e avaliar a xestión pública; e facilitar a interoperabilidade entre administracións, creando novos servizos que empreguen datos de distintas fontes públicas.

O estudo contén as análises de reputados expertos en Administración pública, xuristas e persoas de empresas: Alberto Ortiz de Zárate Tercero, de Open Data Euskadi; Antonio Miret Alomar, de licitaciones.es; Carlos de la Fuente García y Martín Álvarez Espinar, da Fundación CTIC; Carlos Guadián Orta, de Autoritas Consulting; David Cabo, de Pro Bono Público; Jorge Campanillas Ciarriz e José Luis Calzada Pérez, de Iurismática Abogados; Lluís Sanz i Marco e Marc Garriga Portolà, do Concello de Barcelona; Fernando Ramos Simón e Andrea Sala Jiménez, de Publidoc-UCM; e Mar Pereira Álvarez, actual directora da Amtega.

Malia a que hoxe en día a apertura de datos é xa unha obriga, o libro destaca a necesidade de concienciación política e social sobre a necesidade de ver as iniciativas como Open Data coma un dereito da cidadanía.

AdxuntoTamaño
Open_Data_ y_RISP.pdf5.4 MB