Información xeral sobre o seminario "A Arte da Presentación"

Introdución

Dentro do Programa de Formación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para o ano 2012 está previsto a realización dun seminario sobre "A Arte da Presentación"

Esta actuación quere evitar a "morte por PowerPoint", expresión que resume de xeito maxistral o estado de aburrimento e fatiga inducido polo exceso de información amosado nas típicas presentacións de empresa.

Logotipo do CPEIGLogotipo da EGAP

Relatores

Eduardo S. de la Fuente

É Enxeñeiro en Informática pola Universidade de Valladolid.  Durante a súa carreira profesional desempeñou diferentes roles dende o desenvolvemento de software ao liderazgo de proxectos de investigación e desenrolo nacionais i europeos. Actualmente desempeña o rol de Líder de produto en Telefónica I+D. 

Alberto de Vega

Durante a súa carreira profesional impartiu clases na Universidade, escribiu en revistas de videoxogos e ha desenvolvido software. Actualmente desempeña o rol de Consultor en Telefónica I+D.

Lugar e data de celebración

O seminario terá lugar o:

  • 21 de abril 2012 de 10.00 a 13.30 na Escola Galega de Administración Pública.

Prazas

O aforo do lugar de celebración é limitado, e polo tanto será precisa inscrición. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Inscrición

Procedemento de inscrición

O prazo de inscrición para o seminario remata o xoves 19 de abril as 23:00 horas.

Para os/as membros colexiados/as e precolexiados/as do CPEIG a inscrición será efectiva unha vez enviado o formulario de inscrición.

Para o resto de persoas a inscrición farase efectiva logo do ingreso da cota de inscrición.

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao seminario, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia dunha persoa admitida.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Para inscribirse cubra o seguinte formulario de inscrición

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as do CPEIG: 30€

  • Resto de persoas: 50 €.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as do CPEIG. A cota será cargada automaticamente polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Resto de persoas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse, antes da fin do prazo de inscrición, na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712.
    No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do asistente ao curso. No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. O pago deberá realizarse antes das 23.00 do xoves 19 de abril.

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.


Requisitos complementarios

  1. Para a asistencia ó seminario será precisa a identificación por medio de DNI.