O sector TIC galego xerou 3400 novos empregos no último ano

O sector das actividades relacionadas coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación está a gañar un peso cada vez máis considerable na economía de Galiza.

As empresas TIC xeran xa o 2,15% do valor engadido bruto total cun nivel de emprego que medrou un 28,5% no último ano ao pasar dos 11.900 traballadores en 2006 aos 15.300 de finais de 2007. Neste sentido, o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información está a impulsar precisamente unha dinámica propicia para as TIC en Galiza, co obxectivo de converter o país non unicamente en consumidores de bens e servizos, senón tamén en produtores dos mesmos.