A Secretaria Xeral de Modernización recibe á nova xunta de goberno do CPEIG

A xuntanza tivo lugar na mañá do martes, día 31 de xaneiro, no despacho de Mar Pereira

Xuntanza da nova xunta de goberno coa Secretaria Xeral de Modernización

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu esta mañá no seu despacho a membros da nova xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), renovada hai un mes. Asistiron á xuntanza, por parte do CPEIG, o presidente Fernando Suárez Lorenzo; Juan José González Cid, secretario; Antonio Carro Mariño, tesoureiro; Juan Luis Núñez Tourís, vicetesoureiro, e Fernando Pizarro, vogal.

Suárez Lorenzo agradeceulle á secretaria xeral o apoio e respaldo que o ente colexial recibe por parte do departamento que dirixe Mar Pereira e resaltou que a actual directiva, renovada nun 80 por cento respecto á anterior, "traballará con novas forzas pola promoción e defensa da profesión".