Servizos e vantaxes Universitat Oberta de Catalunya

En virtude do acordo asinado coa Universitat Oberta de Catalunya, polo cal o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia entra a formar parte da rede de Empresas Asociadas UOC, os traballadores podedes gozar dos seguintes servizos e vantaxes da UOC:

1. Descontos nas matrículas de Formación de Posgrao.

Os profesionais gozades dunha bolsa dun 10%, que se descontará do prezo da matrícula dos cursos de Formación de Posgrao da UOC (excepto másteres oficiais e de dobre titulación). Para poder saber as condicións e o procedemento de solicitude, teredes que porvos en contacto co CPEIG

Podedes ver todos os programas en http://iip.uoc.edu/esp/.

2. Servizo de asesoramento personalizado na xestión de matrículas de Formación de Posgrao.

Os profesionais do CPEIG gozades dunha canle directa onde podedes dirixir as vosas dúbidas referentes aos contidos dos cursos de Formación de Posgrao da UOC e á xestión das súas matrículas.

Enviade vosa solicitude de información a empresas.asociadas@uoc.edu .

3. Coñecemento de primeira man das novidades e noticias da UOC.

A UOC velará por tervos informados con respecto ás novidades e noticias que considera importantes para a vosa formación e adquisición de coñecementos.

Podedes ver toda a información en www.uoc.edu .

4. Consulta os libros da Biblioteca da UOC desde os centros de apoio

Os profesionais vinculados ao CPEIG poderedes consultar os libros que a UOC ten en catálogo, desde as bibliotecas presenciais dos centros de apoio da UOC.

A Biblioteca Virtual da UOC especializouse en sociedade da información e o coñecemento (SIC). Entre as principais materias das que tratan as obras da Biblioteca Virtual da UOC atoparedes:

  • Sociedade rede
  • E-learning
  • Xestión do coñecemento
  • Economía do coñecemento e empresa rede
  • E-health
  • E-law
  • E-government e e-administration
  • E-cultures
  • Networking technologies