Enquisa da AEPD sobre protección de datos na contorna de Cloud Computing

A Axencia Española de Protección de Datos terá aberta esta Consulta Pública ata o vindeiro 27 de Xaneiro
Logotipo de la Agencia Española de Protección de Datos (APD)A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) lanzou unha Consulta Pública sobre protección de datos na contorna de Cloud Computing, e convídate a participar nela:

A Computación en Nube é hoxe unha realidade en auxe. Diversos estudos reflicten que cada vez máis entidades públicas e privadas desde grandes multinacionais até pequenas empresas de ámbito local e Administracións Públicas utilizan sistemas de Computación en Nube nalgunha das súas modalidades. 

Neste escenario de proliferación de servizos de Computación en Nube suscítanse interrogantes sobre as garantías aplicables no marco destes servizos. Así mesmo, a aplicación e adecuación das normas de protección de datos a estas contornas convertéronse nunha cuestión esencial que nestes momentos está a ser obxecto de análise e avaliación en distintos ámbitos.

Ao obxecto de coñecer as perspectivas, opinións e experiencias, principalmente de prestadores e usuarios de servizos en nube, así como o grao de coñecemento e a aplicación práctica destes servizos en España, a AEPD abriu esta Consulta Pública, que estará dispoñible a través da súa páxina web até o 27 de xaneiro.

Podes acceder directamente á consulta desde a seguinte ligazón:

http://www.servicios.agpd.es/AGPD/portal-AGPD-CLOUD