O CPEIG celebra dúas asembleas xerais

O pasado sábado 29 de marzo dúas asembleas xerais, unha ordinaria e outra extraordinaria. Os actos tiveron lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Fotografía das asembleas 2008 (informe do estado co colexio 1)Fotografía das asembleas 2008 (votación dos estatutos)

Durante a asemblea extraordinaria os colexiados/as aprobaron unha serie de modificacións sobre estatutos do colexio para permitir a finalización do proceso de tramitación que concluirá coa constitución formal e legal do colexio.Fotografía das asembleas 2008 (informe do estado do colexio 2)

Na asemblea ordinaria os membros da Xunta de Goberno expuxeron a situación actual do colexio e as actividades desenvolvidas durante os tres primeiros meses de vida do mesmo. Así mesmo, nesta asemblea tamén se aprobaron as contas do colexio logo de aplicar unha modificación suxerida polos colexiados/as, así como os orzamentos para o ano 2008 e as cotas de colexiación.