Información Xeral sobre o Curso de Peritaxes e Informática Forense 2011

Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2011 está prevista a realización dun curso de Peritaxes e Informática Forense, destinado á capacitar aos nosos colexiados para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP). Os Colexiados capacitados poden formar parte do COP de xeito gratuito, e o listado de membros do COP é enviado a todos os xulgados de Galicia, onde é utilizado para chamar a peritos xudiciais. Tamén, calquera solicitude dun perito que chega ao Colexio, é distribuida a todos os membros do COP. A actividade pericial é unha actividade profesional, que pode desenvolverse a tempo completo ou esporádicamente. Sen dúbida trátase dunha actividade moi interesante e desafiante dende o punto de vista técnico.  

Na presente edición, o Colexio fixo un esforzo para manter o altísimo nivel da categoría dos poñentes das últimas edicións, pero sendo conscentes dos momentos de crisis económica que moitos sufrimos. O resultado é un curso cuio custo de matrícula reduciuse en máis dun 30% dende a última edición, pero mantendo a calidade dos poñentes e dos contidos. Estos últimos, son se cabe máis adecuados aos nosos peritos, según a experiencia que o propio Colexio adquiriu na xestión dos peritaxes. O seminario terá lugar na Escola Galega da Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela nas datas e horarios seguintes:

  • Venres 4 de novembro de 16:30h a 20:30h
  • Sábado 5 de novembro de 9:30h a 14h
  • Venres 11 de Novembro de 16:30h a 20:30h
  • Sábado 12 de Novembro de 9:30h a 14:00h e de 15:30 a 20:00

Ao final da actividade formativa entregarase un diploma oficial do colexio acreditativo da asistencia ao seminario (duración: 20 horas).

Poñentes

  • Enrique León, avogado e membro do bufete de avogados León y Pérez.
  • Luis M. Uriarte, fiscal do Servizo de Criminalidad Informática de Pontevedra. 
  • Joaquim Anguas, enxeñeiro en informática e perito informático.
  • Gonzalo Sotelo Seguín, responsable do Equipo de Investigación Tecnológica da Guardia Civil de Pontevedra.
  • Carlos Torres Gómez, asesor fiscal, membro do bufete León y Pérez e da Asesoría Torres.
O sábado 12 Celebrarase unha mesa redonda na que participarán (ademáis dalgún poñente) os enxeñeiros en informática Antón Campos e Juan Otero. Nela poderán participar todos os asistentes ao curso coa fin de debatir sobre o estado actual e o futuro das peritaxes informáticas.

Inscrición

Requisitos

Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión da titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.

Número de prazas

A actividade formativa está prevista para 40 asistentes. As prazas asignaranse segundo os seguintes criterios:

  1. Os/As colexiados/as teñen preferencia.
  2. Os titulados/as en Licenciatura/Enxeñaría en Informática teñen preferencia.
  3. Data de envío da solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as do CPEIG: 95€
  • NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación (*)(**): 95€
  • NON colexiados/as: 115€

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as. A cota será cargada automáticamente polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación ou non colexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse, antes da fin do prazo de inscrición, na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do asistente ao curso. No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso.

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación, a cal se formalizará o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) O incumprimento do compromiso de colexiación implicará aboar a cota de "NON colexiados/as". O incumprimento do compromiso de formalizar a pertenza ao COP implicará aboar a cota do curso para "Membros colexiados/as do CPEIG".

Procedemento de inscrición

O prazo de inscrición deste curso rematou.

Para os/as membros colexiados/as a inscrición será efectiva unha vez enviado o formulario de inscrición.

Para as persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas a inscrición farase efectiva logo do ingreso da cota de inscrición.

A data límite para realizar inscrición será o 2 de novembro ás 14.00 h.

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Na primeira sesión do curso será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida para a colexiación.

  3. Será preciso ter asistido ao 75% das horas lectivas do curso. Ao remate do mesmo farase entrega dun diploma acreditativo a cada alumno/a.

Corpo Oficial de Peritos

É preciso lembrar a todos os/as colexiados/as que para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP) será preciso ter asistido a este curso ou ben ter asistido a algunha edición anterior realizada polo CPEIG ou pola AEIG, ou convalidar un curso doutro organismo, tal e como se recolle na Directriz 1005.1.

Relatorios

Venres 4 de novembro :
  • "Introdución ao procedemento xudicial; especial atención á proba pericial" (Enrique León)
  • "A peritaxe informática: fiscalidade e Seguridade Social" (Carlos Torres Gómez)
Sábado 5 de novembro :
  • "A proba pericial informática no proceso penal español" (Luis M. Uriarte)
  • "Actuación da Guardia Civil en investigacións tecnolóxicas" (Gonzalo Sotelo Seguín)
Venres 11 de Novembro :
  • "Peritaxe en Informática: introdución e procedementos elementais" (Joaquim Anguas)
Sábado 12 de Novembro :
  • "Peritaxe en Informática: método e introdución á informática forense" (Joaquim Anguas)