O CPEIG organiza o Curso de Peritaxes Informáticas e Informática Forense de 2011

O curso terá lugar os días 4, 5, 11 e 12 de novembro na EGAP en Santiago de Compostela

Peritaxe xudicial informático. Un enfoque práctico

 Seguendo o seu programa de actividades formativas, o CPEIG organiza o Curso de Peritaxes Informáticas e Informática Forense de 2011. Este curso está destinado á formación de peritos informáticos e capacita aos seus participantes para formar parte do Corpo Oficial de Peritos (COP). O listado de peritos do COP é remitido polo Colexio anualmente a todos os xulgados de Galicia, que usan esa lista para seleccionar os peritos informáticos xudiciais que precisan.

O curso terá lugar os días 4, 5, 11 e 12 de novembro na Escola Galega da Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela. A convocatoria oficial do curso, cos horarios, ponentes e período de matrícula publicarase en poucos días.