Conferencia sobre Enfoques Áxiles na Xestión de Proxectos

O CITIC organiza, en colaboración coa Facultade de Informática da Universidade da Coruña, a conferencia aberta Risk Management in Agile Projects

Centro de Investigación en Tecnoloxías da información e as ComunicaciónsLogotipo da Universidade da Coruña

 O Centro de Investigación en Tecnoloxías da información e as Comunicacións (CITIC) organiza, en colaboración coa Facultade de Informática da Universidade da Coruña, a conferencia aberta Risk Management in Agile Projects: Un enfoque adaptativo da xestión de riscos en proxectos e organizacións que será impartida por Mario López de Ávila Muñoz o vindeiro 22 de setembro nas dependencias da Facultade de Informática en horario de 09:30 a 13:30 horas.

Os Enfoques Tradicionais de Riscos fannos confiarnos en exceso en situacións complexas e incertas. Traballando no ámbito do complexo, como no casodo desenvolvemento de software, a miúdo en situacións de incerteza, non podemos pretender identificar, priorizar e eliminar todos os riscos por adiantado. Se tratamos de impor un enfoque tradicional de Xestión do Risco, sacrificaremos a Axilidade organizativa a cambio de nada.

Os principios e prácticas áxiles levan implícita a xestión dos riscos dos proxectos de maneira que é o propio equipo de proxecto o que asume a responsabilidade de xestión do risco. Durante as "daily stand-ups", as reunións de planificación da iteración, as reunións de planificación da release, demos ou retrospectivas desenvólvense actividades de xestión do risco nun proxecto áxil.Traballar con enfoques áxiles diminúe a probabilidade de ocorrencia e/ou a magnitude das consecuencias de eventos negativos ou desfavorables mediante a revisión frecuente, sistemática, da funcionalidade do produto, a planificación e o proceso en si mesmo e mediante a posta en práctica inmediata de respostas adecuadas. 

A Xestión de Riscos segundo os Enfoques Áxiles non trata de predicir o futuro, senón máis ben preparar aos equipos e organizacións para responder de maneira efectiva aos riscos que xorden no camiño. Esa resposta efectiva inclúe desenvolver a capacidade para recuperarse no menor tempo posible de calquera
consecuencia adversa, isto é, de ser "resilente".

Data e lugar:

22 SETEMBRO 2011

Salón de Actos,
Facultade de Informatica
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña

Relator

Mario López de Ávila Muñoz desenvolveu toda a súa carreira no ámbito da consultoría, abarcando a práctica totalidade das áreas do Management, desde a estratexia á distribución, pasando pola mercadotecnia, vendas, I+D,recursos Humanos e as Operacións. Compaxina os seus
labores de consultor coa de profesor asociado na IE Business School, na área de Operations an Technology Management, tanto no ámbito do Project Management como no da Creatividade e a Innovación, traballando con disciplinas como o Pensamento lateral, a Teoría da Resolución de Inventiva de Problemas (TRIZ) e a Teoría das limitacións (TOC). É tamén profesor asociado na
Universidade Pontificia de Comiñas.

Axenda

09:30 - 10:00 Recepción de asistentes
10:00 - 10 :15 Benvida e Introdución (CITIC & FIC)
10:15 - 13:15 Conferencia: Xestión de Riscos en Proxectos Áxiles. (Mario López)

Colaboran:

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións- CITIC organiza, en colaboración coa Facultade de Informática da UDC, esta conferencia aberta para todos os profesionais e estudantes interesados nos Enfoques Agiles na Xestión de Proxectos, e de maneira especial no referente aos Riscos.

Inscricións:

As inscricións son gratuítas e deberanse realizar vía e-mail a promocion@citic-research.org antes do 20 de Setembro.