Máster "Hogar Digital y su Robótica de Servicios"

A Universidade de Oviedo aprobou a creación deste máster que ofrece a posibilidade de aumentar os coñecementos aplicados a un mercado novo como é o fogar dixital.
Centro Internacional de Postgrado. Universidad de Oviedo.

A Universidade de Oviedo aprobou a creación dun máster chamado Fogar Dixital e a súa Robótica de Servizos, unha boa oportunidade para desmarcarse nun mercado moi competitivo. Ofrece a posibilidade de aumentar os coñecementos obtidos durante a carreira e aplicalos a un mercado novo como é o fogar dixital, ademais axuda a obter experiencia nun posto de traballo, xa que as prácticas son obrigatorias, diversas empresas deste sector están necesitadas de persoal cualificado e apoian esta idea ofrecendo prácticas bolseiras a varios alumnos do máster, o cal mostra o seu interese nesta nova formación.

O número de plazas dispoñibles son 20. Os alumnos realizarán prácticas en empresas do sector, e os mellores estudantes disporán de prácticas remuneradas.

Trátase dun Máster en modalidade semipresencial, compatible con calquera traballo que se estea desenvolvendo.

Período de Preinscrición: desde o 13 de xuño ata o 20 de agosto.

Período de Matrícula: desde o 30 de agosto ata o 15 de setembro.

Duración: Outubro 2011 - Xuño 2012

Horas: 600h.

Edición:

Existe un desconto do 5% na matrícula para todos aqueles colexiados que sexan enxeñeiros informáticos interesados en facelo. Poden inscribirse na seguinte ligazón:

http://www.uniovi.es/descubreuo/ofertaformativa/titulospropios

Obxectivos:

Grazas ao Convenio asinado pola Universidade de Oviedo coa Plataforma AMETIC e debido á importancia da tecnoloxía nas nosas vidas e coa publicación da nova ICT, o máster en Fogar Dixital e Robótica de Servizos pretende potenciar a formación dos enxeñeiros nesta contorna, así podemos asegurar que as habilidades adquiridas polo alumno favorecen a resolución dos problemas que se expoñen actualmente.

Destinatarios: Titulados Universitarios, preferentemente nas áreas de Arquitectura, Informática, Industrial e Telecomunicacións. Empresarios e/ou profesionais, que queiran reciclar os seus coñecementos ou obter unha titulación que acredite o traballo que poden realizar, profesionais que aínda que non sexan universitarios poidan demostrar experiencia no sector do H.D. e a R.S., e reúnan os requisitos para acceder a estudos universitarios.

Programa:

FOGAR DIXITAL: Redes de comunicacións dixitais, Tecnoloxías e sistemas domóticos (5 semanas)

ROBÓTICA DE SERVIZOS: Uso e aplicación da robótica de servizos (2 semanas)

REGULAMENTACIÓN E LEXISLACIÓN NO FOGAR DIXITAL E A ROBÓTICA DE SERVIZOS: Normativa vixente aplicable ao fogar dixital(3 semanas)

DESENVOLVEMENTO ROBÓTICO I: Retos e importancia da robótica de servizos, Simulación aplicada á robótica de servizos(4 semanas)

DESENVOLVEMENTO ROBÓTICO II: Modelado e programación de Robots de servizos, Sistemas de control aplicados á contorna domótico(3 semanas)

INTEGRACIÓN, ENERXÍA E EDIFICACIÓN: Integración de proxectos de fogar dixital e a robótica de servizos, Enerxía e Smart Grids(1 semana)

XESTIÓN DE PROXECTOS: Asignación de recursos a un proxecto(1 semana)

PROXECTO FIN DE MASTER: (12 semanas)

PRACTICAS EN EMPRESAS DO SECTOR: (12 semanas) 

Horario:

Venres de 16:00h a 21:00h

Sábados de 09:00h a 14:00h

Más Información:

Página web: http://www.uniovi.es/TP

Teléfono: 985 45 81 62

Correo electrónico:secretariamasterhdrs@gmail.com 

Pode tamén consultar neste artigo o folleto do Máster. 

 

AdxuntoTamaño
Master_HD_RS.pdf694.14 KB