Xornadas Abertas organizadas polo Máster en Software Libre

Organiza unha serie de xornadas abertas sobre temas relacionados co software libre e coa participación de colaboradores de diversas áreas e afiliacións.

Logotipo do Master de Software Libre 2009

 Con motivo do próximo inicio da V edición do Máster en Software Libre en Vigo e como colofón da edición presente, o Máster en Software Libre organiza en setembro unha serie de xornadas abertas sobre diferentes temas relacionados co software libre e coa participación de colaboradores de diversas áreas e afiliacións.

A nosa intención é que as xornadas sirvan como punto de encontro de antigos e novos alumnos e tamén como foro de intercambio para profesionais do sector e simpatizantes do mundo do software libre. Haberá sesións orientadas a aspectos técnicos con formato estilo workshop así como sesións de charlas con debates ao redor de mesas redondas con expertos.

As Xornadas Abertas de Setembro 2011 , terán lugar os venres pola tarde e sábados pola mañá durante tres fins de semana de setembro, os días 9 e 10, 16 e 17 e 23 e 24. As sesións dos venres (9, 16 e 23) serán de 16.00 a 21.00 horas e as dos sábados (10 e 17) de 9.00 a 14.00 excepto a do sábado 24 que comezará ás 10.30.

O lugar para as sesións será no edificio para a Obra Social de Novacaixagalicia, na rúa Policarpo Sanz número 24-26 de Vigo.

Unha vez máis, habemos de agradecer a colaboración de Novacaixagalicia por ceder as súas instalacións para a realización de actividades complementarias ao máster.

Iremos ampliando información sobre os relatorios e os invitados nos próximos días, pero xa contamos coa axenda para as sesións:

Fin de semana 1, 9 e 10 de Setembro

Venres 9, de 16.00 a 21.00

Javier da Cova, avogado experto en propiedade intelectual

  • Software libre e cidadanía
Karsten Gerloff, presidente FSF Europa
  • Software patents
Mesa redonda sobre copyright e patentes

Sábado 10, de 9.00 a 14.00

Carlos Guerreiro, open source technologist and former project leader at Nokia/Maemo/MeeGo

  • 09:00-11:00 Scaling out with open source tools
  • 11:00-11:30 Descanso
  • 11:30-12:30 Persoal data cloud
  • 12:30-14:00 History of Maemo/MeeGo/Nokia

Fin de semana 2, 16 e 17 de Setembro

Venres 16, de 16.00 a 21.00

MartínGarcía , Xefe do Servizo de Organización e Informática. Consellería de Infraestruturas e Transporte da Comunidade Valenciana

  • gvPontis: Experiencia de migración a software libre na consellería
Gabriel Carrión, director do proxecto gvSIG
  • gvSIG. Algo máis que software

Sábado 17, de 9.00 a 14.00

mswl-network: Experiencias de ex-alumnos

Fin de semana 3, 23 e 24 de Setembro

Venres 23, de 16.00 a 21.00

Mario Sanchez e Sergio Villar, hackersen Igalia

  • WebKit e WebKitGTK
  • Introduction to the project + technical workshop

Sábado 24, de 10.30 a 14.00

Alvaro do Castelo, Andago

  • Andago: historia e modelo de negocio
Javier Viñuales, Yaco
  • Yaco: historia e modelo de negocio
Juan José Sanchez, Igalia
  • Igalia: historia e modelo de negocio

Mesa redonda

Desde Igalia e en nome dos que facemos o máster, tanto aquí como na Universidade Rei Juan Carlos, queremos convidarvos a asistir e esperemos que vos guste. A entrada é totalmente libre, pero agradecerémosvos que vos inscribades para calcular o aforamento. Podedes facelo enviando un e-mail a mswl@igalia.com indicando que días queredes vir ou tamén neste formulario de inscrición.