Información xeral sobre o "Ciclo de charlas sobre tecnoloxía, liderado e intelixencia emocional"

Introdución

Esta actuación está dirixida a formar e complementar os coñecementos técnicos nas materias que constitúen o seu obxecto dos executivos de empresas e de todos os que participan en organizacións coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida mediante a potenciación das aptitudes fundamentais na consideración do capital humano como recurso na procura de vantaxes competitivas.

Logotipo da Xunta de GaliciaLogotipo do CPEIG

Relatores

Emilio Duró

Duró é un analista do desenvolvemento emocional. Duró dedica parte do seu tempo ao estudo da aprendizaxe en idades temperás e mediante experiencias e anécdotas adoita desmostrar que os fracasos profesionais raramente se deben a causas técnicas e si, en cambio, ao desenvolvemento emocional. 

Enrique Dans

É profesor de Sistemas de Información en IE Business School desde o ano 1990 é doutor en Management, especialidade en Information Systems pola Universidad de California (UCLA), MBA polo IE Business School, licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, e cursou estudos postdoutorais en Harvard Business School. As súas investigacións céntranse nos efectos das novas tecnoloxías en persoas e empresas. 

Luis Huete

Huete é licenciado en Dereito é profesor de IESE Business School desde 1982. Foi profesor nos programas Achieving Breakthrough Service e Advance Management de Harvard Business School (Boston). Como profesor visitante participa regularmente en programas da ESMT (Berlín), ISEM Fashion Business School (Madrid) e outras escolas de negocio de prestixio. Asemade, é autor de nove libros de referenza do managemente en España. Está considerado coma o mellor gurú do management español. 

Lugar e datas de celebración

As datas e lugarse de celebración son as seguintes:

  • Charla de Emilio Duró: 27 de maio de 18.00 a 20.00. Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC situado na  Avenida de Castelao s/n (Campus Norte), de Santiago de Compostela

  • Charla de Enrique Dans: 10 de xuño de 18.00 a 20.00. Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC situado na  Avenida de Castelao s/n (Campus Norte), de Santiago de Compostela

  • Charla de Luis Huete: 18 de xuño de 11.30 a 13.30. Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC situado na Avenida de Castelao s/n (Campus Norte), de Santiago de Compostela.

Prazas

O aforo do lugar de celebración é limitado, e polo tanto será precisa inscrición. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Inscrición

Procedemento de inscrición

O prazo de inscrición para a charla de Emilio Duró rematou.

O prazo de inscrición para a charla de Enrique Dans rematou.

O prazo de inscrición para a charla de Luis Huete rematou.

Para os/as membros colexiados/as e precolexiados/as do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) a inscrición será efectiva unha vez enviado o formulario de inscrición.

Para o resto de persoas a inscrición farase efectiva logo do ingreso da cota de inscrición.

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ás charlas, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado nocaso da non asistencia dunha persoa admitida.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as do CPEIG/CPETIG: 

    • Prezo individual por charla: 10€/charla

    • Prezo do ciclo completo de charlas: 20€

  • NON colexiados/as (*) ou precolexiados/as (**) do CPEIG/CPETIG que acepten compromiso de colexiación/precolexiación: 

    • Prezo individual por charla: 10€/charla

    • Prezo do ciclo completo de charlas: 20€

  • Resto de persoas:

    • Prezo individual por charla: 20€/charla

    • Prezo do ciclo completo de charlas: 50€

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as do CPEIG. A cota será cargada automáticamente polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Resto de persoas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse, antes da fin do prazo de inscrición, na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do asistente ao curso. Nocaso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIGreingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasenfora da lista de admitidos/as do curso. O pago deberá realizarse antes das 23.00 do xoves 26 de maio.

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

(*)Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición,aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo,poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeirodía do curso presentando a documentación esixida por cada colexio (CPEIG, CPETIG)No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante,non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no procesode colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinaispara cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**)Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición,aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo,poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeirodía do curso presentando a esixida por cada colexio (CPEIG, CPETIG).No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante,non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no procesode precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinaispara cotexar o mesmo día do inicio do curso.

Requisitos complementarios

  1. Para a asistencia á charla será precisa a identificación por medio de DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida por cada colexio (CPEIG, CPETIG) para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida por cada colexio (CPEIG, CPETIG) para a precolexiación.