Información xeral sobre o curso "ITIL. Fundamentals"

Logo de ITILDentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2011 está prevista a realización dun curso de ITIL. ITIL Fundamentals. Ao mesmo están convocados/as todos/as os/as colexiados/as, precolexiados/as e profesionais do sector TI que desexen formarse nesta disciplina.

Logotipo da Xunta de GaliciaLogotipo do CPEIG

Obxectivos

Formar e adestrar nas boas prácticas na xestión de servizos Informáticos. Existe a opción de examinarse para a obtención da certificación ITIL Fundamentals. 

Número de prazas

A actividade formativa está prevista para 25 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Calendario

O curso impartirase os días 2, 3, 4 e 5 de maio de 2011, en horario de 10h a 14h e de 15h a 19h

Lugar

Hotel Puerta del Camino en Santiago de Compostela.

Cronometría e metodoloxía

O curso organizarase nunha sesión de simulación e outras dúas sesións adicadas a conceptos de ITIL. Finalmente, na última hora do último día, realizarase a exame de certificación para aqueles alumnos que previamente tiveran solicitado a inscrición no mesmo.

En total, e para cada asistente, o curso terá unha carga lectiva de 24 horas repartidas en 3 sesións de 8 horas cada unha delas.

Ás sesións do luns 2 e martes 3 asistirán soamente a metade do alumnado a cada unha delas. Elo débese a que as simulacións preparadas para estes días requiren dun menor número de asistentes. Así, o luns 2 realizarase a simulación Apolo13 e o martes 3 a simulación Grab@Pizza. Durante o proceso de inscrición os/as asistentes poderán establecer a súa preferencia en relación coas dúas simulacións dispoñibles. Ao ser limitadas o número de prazas para cada unha das sesións, e pese á preferencia establecida polo/a asistente no formulario de solicitude, a organización poderá redistribuir aos/ás asistentes entre as dúas sesións de simulación coa finalidade de balancear o aforo e cubrir as prazas en ambas. Para elo respetarase rigurosamente a orde de solicitude.

Na simulación Apolo13 un grupo de expertos ten que loitar contra o tempo para resolver incidentes que surxen un tras outro. Preténdese aprender conceptos e adestrar en boas prácticas de ITIL como:

  • Determinar a causa dos fallos e ofrecer solucións.
  • Xestionar problemas e propoñer cambios para previlos.
  • Interdependencia dos procesos e o seu impacto na continuidade do negocio.
  • Mellorar o xeito de proceder no noso traballo diario.

Na simulación Grab@Pizza realizarase un taller interactivo que simulará as operacións do segundo semestre nunha empresa de venta de pizzas. En cada ronda (mes) deberase:

  • Analizar o rendemento actual da súa infraestrutura e organización informática.
  • Identificar os requisitos e peticións do negocio.
  • Tomar decisións sobre os recursos, carga de traballo e prioridades.
  • Calcular os custes do mes e tomar decisións dobre os investimentos.
  • Planificar as actividades de desenvolvemento e o calendario de cambios.
  • Propoñer e implantar melloras para aliñar a informática coas necesidades do negocio.

As dúas últimas sesións, serán plenarias (asistirán os 25 alumnos/as).  

Exame de Certificación

Para aqueles/as alumnos/as que o solicitasen no formulario de inscrición, o último día á última hora realizarase o exame de certificación emitido por EXIN. Será por escrito en papel, en idioma inglés e constará de 40 preguntas a respostar nun tempo de 60 minutos. Para acadar a certificación á que conduce, será preciso ter respostado correctamente ao 65% das preguntas.

Material didáctico

Entregaranse apuntamentos da autoría do relator. 

Relator: José Ochoa. PMP (www.joseochoa.com)

  • Deseñador de aprendizaxe e facilitador en programas formativos de xestión de proxectos, liderado, xestión do coñecemento e do cambio, usando técnicas de simulacións, e-Learning, e blended.
  • Director de www.conversaction.com. Provedor autorizado do PMI (Registered Education Provider R.E.P. #3018).
  • Project Management Professional (PMP) e membro do Project Management Institute (PMI), asistiu ao PMI Global Congress 2009 en (Orlando FL, EEUU).
  • Certificado en ITIL Fundamentals e formador en Xestión de Servizos.
  • Certificado en MBTI (Myers-Briggs Type Indicator) Step I e Step II, ferramenta de identificación do tipo psicolóxico para o desenvolvemento persoal.
  • Certificado (advanced) por Human Synergistics na súa ferramenta "Circumplex" de análise do comportamento individual, grupal e organizativo para o cambio e incremento de eficacia.
  • Certificado pola North American Simulation and Gaming Association como Deseñador de Xogos Formativos (Washington DC, 2009).

No pasado foi:

  • Xerente de comunicación e Webmaster na Oficina Web de Indra (2004-2006).
  • Xerente no Centro de Competencia e-Business de Indra (2002-2004).
  • Xerente do departamento HCI (Human-Computer Interaction) en Atlante (2001-2002). 
  • Knowledge Manager en Icon Medialab (2000-2001). 
  • Xestor de Proxectos na Dirección de Novos Produtos da Axencia EFE (1999-2000). 
  • Xefe de Servizo da Redacción Multimedia da Axencia EFE (1997-99). 
  • Director da colección de CD-Rom "Tesoros de la Biblioteca Nacional" (1997-2001):
  • Xestor de Proxecto para a produción de CD-Rom (1995-1999): Doce Meses (anuarios de 1997 a 1999),; España: 20 anos de democracia, Todo deporte 97, Euroguía 96. 
  • Asesor de prensa e documentalista para o Gabinete de Prensa da Oficina da Comisión Europea en Madrid (1994-1998).
  • Escritor e tradutor. Autor entre outros libros de 101 claves de TI para directivos (ed. Prentice Hall), eOnde está o meu equipo? (Ed. H Klickowsky www.dondeestamiequipo.net).

Inscrición

Procedemento de inscrición

O prazo de inscrición deste curso rematou. Listaxe de admitidos/as

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as do CPEIG: 200€
  • Membros precolexiados/as do CPEIG: 200€
  • NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación: 200€ (*)
  • NON precolexiados/as que acepten compromiso de precolexiación: 200€ (**)
  • NON colexiados/as e non precolexiados/as: 1.200€

Aqueles asistentes que soliciten participar no exame de certificación deberán abonar a maiores o importe de 180€ en concepto de dereitos de exame.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada automáticamente polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse, antes da fin do prazo de inscrición, na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do asistente ao curso. No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso.

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

Requisitos complementarios

  1. Na primeira sesión do curso será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar na primeira sesión do curso a documentación esixida para a precolexiación.