Informe: Construíndo a Identidade Dixital. Situación actual da sinatura electrónica e das entidades de certificación

Edita:

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Colaboran:

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia
Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

O obxectivo principal deste traballo é difundir entre a cidadanía e as empresas boa parte do coñecemento existente en materia de sinatura electrónica e certificación dixital, incluíndo as autoridades e entidades prestadoras de servizos de certificación. Para este fin, este estudo realiza unha análise da situación actual, os avances máis significativos e os retos que se nos presentan de cara ao futuro no ámbito da identidade dixital.

Este traballo é froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a través do convenio asinado polo CPEIG e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, no marco das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal.

Ametodoloxía empregada neste estudo baseouse principalmente na elaboración de entrevistas mantidas cos responsables dalgunhas das principais organizacións públicas e privadas que traballan arredor da sinatura electrónica e a certificación dixital, xunto á análise de datos e indicadores, lexislación e documentación de referencia.

O primeiro capítulo ofrece unha introdución conceptual ao ámbito da identidade dixital.

O segundo capítulo aborda a visión estratéxica dos expertos sobre os aspectos máis relevantes relacionados coa certificación dixital e a sinatura electrónica.

O terceiro capítulo recolle unha panorámica dos servizos e produtos ofrecidos actualmente polas organizacións, públicas e privadas, máis representativas no sector da certificación dixital e a sinatura electrónica en España.

O cuarto capítulo ofrece unha análise experta da lexislación existente na materia.

O quinto capítulo fai unha breve análise dos principais indicadores estatísticos relacionados coa certificación dixital e a sinatura electrónica.

O sétimo capítulo reúne as conclusións.