O CPEIG traballa na implantación do Máster de Enxeñaría en Informática da Universidade de Santiago de Compostela

Mediante un acordo formal da xunta da Escola Técnica Superior de Enxeñaría o colexio vén traballando desde hai máis de un mes coa USC na implantación do Máster de Enxeñaría en Informática na adaptación a Bolonia.

Logotipo da Universidade de SantiagoDeste xeito, o presidente do colexio, Fernando Suárez Lorenzo, forma parte formalmente da comisión do Máster. Estímase que a implantación definitiva será no curso 2011/2012. De feito, as tres universidades galegas están a traballar na implantación deste tipo de mestrado pero é a compostelá a que máis avanzado leva o traballo.

No seu día, o Colexio Profesional de Enxeñarñia en Informática de Galicia xa participara tamén na implantación dos graos en Enxeñaría en Informática nas tres universidades que ten Galicia.