Beneficios colexiais

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Situación Laboral Enxeñerías Informática 2008

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

O colexio colabora nun panel de escoita do Observatorio da Situación da Lingua Galega

No panel participaron membros da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Arantia, 2mares, INEO, EGANET, COETG e do CPEIG.

Logotipo do plan xeral de normalizaciónO CPEIG participou nun panel de escoita do Observatorio da Situación da Lingua Galega, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se celebrou no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

Durante o desenvolvemento do panel, en formato de debate moderado de tres horas de duración, os participantes expuxeron a súa visión sobre a situación da lingua galega nas TIC.

O colexio partipa no acto de constitución do Clúster TIC de Galicia

Durante o intermedio do acto e ao final do mesmo, os membros do CPEIG e CPETIG aproveitaron para intercambiar opinións sobre a marcha actual dos dous colexios.
Acto de constitución do cúster TIC

O pasado xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela o acto de constitución do Clúster TIC de Galicia, do cal o CPEIG e membro fundador. Na actualidade o Clúster TIC de Galicia engloba a 117 membros relacionados co sector, entre os que se atopan empresas, colexios profesionais, administracións públicas e asociacións.

O colexio mantén unha reunión co Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa

Logotipo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O pasado 14 de xaneiro tivo lugar unha reunión no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, no que participaron o xefe do Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa, Simón Rego, e membros do CPEIG e o CPETIG. Por parte do CPEIG asistiron o presidente, Fernando Suárez, e o secretario, Juan Antonio Valiño. O CPETIG foi representado por Anxos Cabado, tesoureira.