Beneficios colexiais

Video IX A Noite

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Anotacións ao Decreto de Admon. Electrónica

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

O 82% dos europeos temen pola privacidade dos seus datos persoais en Internet

O usuarios esixen unha maior protección e confidencialidade á hora de ofrecer os seus datos persoais na rede.

A gran maioría dos europeos sente unha certa preocupación polo uso alleo dos seus datos persoais en Internet, unha inquietude recollida polos expertos. Para o 82 por cento dos europeos, a transmisión de datos en Internet non é segura, segundo unha enquisa do Eurobarómetro publicada esta semana. Ao 67 por cento incomódalles ter que rexistrar o seu nome, dirección ou data de nacemento.

Máis aló das informacións ofrecidas voluntariamente, moitas déixanse na Rede de forma inconsciente. "Un historial individual de procura contén unha pegada de intereses, relacións e intencións da persoa", recorda unha recente recomendación do Comité Artigo 29 (G29), que reúne aos organismos nacionais de protección de datos. "Estes datos poden ser despois utilizados" con fins positivos ou negativos, explicou o texto. Ademais, valen o ouro para os publicistas en liña.

Os spammers explotan man de obra barata para os seus ataques a gran escala

Os ciberdelincontes agora son capaces de sortear as probas de seguridade CAPTCHA.

Trend Micro alertou sobre a detección pola súa organización mundial de investigación e soporte (TrendLabs) dun novo método creado por unha rede de ciberdelincontes que explota a man de obra barata para sortear as probas de seguridade CAPTCHA.

As probas CAPTCHA (Completely Automated Public Turing Test to tell Computers and Humans Apart) pretenden diferenciar mediante a formulación de retos "desafío-resposta" se os intentos de autenticación en sitios web están sendo levados a cabo por seres humanos ou persoas para así frustrar os intentos de difusión de spam automatizados a gran escala.

O CESGA deseñará un curso de formación en liña para persoal de recursos humanos de toda Europa

As actividades desenvolveranse dentro do marco do Proxecto YES (Youth Employment Support).

Logotipo del CESGAO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Consellaría de Innovación, vai desenvolver un contorno virtual de formación baseado no software libre que está implementado e adaptado para ofrecer formación ao persoal de recursos humanos das pequenas e medianas empresas en Europa.

O departamento encargado de desenvolver este contorno virtual será a Área de e-Learning, que levará a cabo a formación do persoal a través de sete cursos piloto nos que se combinará a formación presencial coa formación a distancia (seguindo a denominada metodoloxía blended-learning).

A falta de banda ancha en Galicia frea o avance da administración electrónica

Só un 5,9% dos galegos realiza trámites a través de internet, tres puntos menos que a media europea - A Xunta asegura que é crave mellorar o acceso á rede.

Gráfico de uso de internetA Galicia tocoulle ser un referente das novas tecnoloxías fai un par de semanasp ara toda España. O arranque do apagamento da televisión analóxica viviuse aquí, no concello máis grande e un dos máis rurais, na Fonsagrada. Todo un símbolo, porque a verdade é que a brecha dixital segue sendo un grave problema na comunidade, á cola na porcentaxe de fogares conectados a internet e de uso da rede debido ás carencias da banda ancha. Pese ao avance dos últimos anos, só un 23% da poboación galega accede aos servizos básicos que concellos, deputacións e Xunta ofrecen de forma virtual, a chamada administración electrónica. E só un 5,9% realizan trámites electrónicamente, segundo un informe encargado pola Consellería de Presidencia.

A creación de empresas en Galiza medrou un 14,6% en febreiro

O sector TIC galego presentou en 2007 unha taxa de crecemento respecto ao ano 2006 dun 7%
Un total de 634 sociedades mercantís foron inscritas en Galiza durante o pasado mes de febreiro. Isto representa un incremento do 14,6% respecto ao mesmo mes de 2007. Este dato contrasta coa caída rexistrada no conxunto do Estado, que é do 16,7% durante o mesmo período, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Das 634 sociedades creadas en Galiza en febreiro, a práctica totalidade (628) foron sociedades limitadas, mentres que as seis restantes adquiriron a fórmula de sociedades anónimas. Ademais, outras 209 sociedades fixeron ampliacións de capital (198 limitadas e 11 anónimas), mentres que se realizaron 118 disolucións de sociedades, un 40,4% máis que en febreiro de 2007.

Nace a web das pequenas empresas galegas

GaliciaPMS nace como un espazo destinado a dotar de ferramentas de información e servizos TIC ás pequenas e medianas empresas da comunidade.

Logotipo do portal GaliciaPMSA Consellería de Innovación e Industria da Xunta creou un espazo na rede para as pequenas e medianas empresas. 

O conselleiro Fernando Blanco, que presentou o novo portal, destacou a intención de pór a disposición das pequenas empresas todos os servizos de información e comunicación que as faga máis competitivas a nivel internacional. Así, o novo espazo online conta cun rexistro gratuíto a través do cal as compañías interesadas poderán acceder a un amplo abanico de servizos.

Teddy Bautista: "O canon dixital está na axenda de prioridades do novo Goberno"

Eduardo 'Teddy' Bautista falou do controvertido canon dixital en público por primeira vez desde as pasadas eleccións xerais.

Teddy BautistaA bordo dun barco atracado no porto de Málaga, o presidente da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), e con meses de atraso, comentou que o retraso da súa aplicación custoulle á entidade, en 2007, entre 12 e 15 millóns de euros, e defendeu o sistema de remuneración porque, segundo el, non hai alternativa.

Pregunta: Cal é a situación actual da Orde Ministerial que estenderá o canon dixital a dispositivos de almacenamento? Tras os sucesivos atrasos, publicouse que podería saír á luz en maio. Sabe a SGAE algo, como parte interesada?

Noruega protesta ante a ISO por conceder un estándar a Microsoft

O organismo ISO estandariza o formato de arquivos Office Open XML, que foi rexeitado en setembro. A Comisión investiga a se houbo irregularidades nas votacións dos países membros.

O organismo ISO, modificando unha votación do mes de setembro, aceptou que o formato Office Open XML (OOXML), de Microsoft, se converta en estándar. ISO é un grupo de traballo con sede en Xenebra (Suíza) que define e desenvolve os estándares técnicos mundiais no que participan gobernos e empresas. Aínda que agora ábrense dous meses de prazo para presentar alegacións, as críticas á ISO xa empezaron, non só desde as filas do software libre. Noruega pediu a suspensión do seu voto (que cambiou do non de setembro ao si en marzo) á espera de que conclúa unha investigación por irregularidades do Ministerio de Industria e Comercio.

Desde hai tempo, os Estados reclamaban "a adopción dun formato que garantise que toda a documentación xerada por computador puidese ser gardada e recuperada despois con independencia do programa que a xerou", di o catedrático da Universidade de Valencia Gregori Martín.

Unha sentenza garante a privacidade dos datos persoais do usuario da Rede

A sentenza resolve que o Dereito Comunitario non obriga aos Estados a divulgar datos persoais para así garantir a protección efectiva dos dereitos de autor no marco dun procedemento civil.

Imaxe representativa da Unión EuropeaNon é unha novidade que Internet pode ser un ámbito agresivo para o dereito do cidadán a non ser importunado. Sobre todo, naqueles aspectos da súa vida que, salvo consentimento previo, desexa preservar de intromisións, ou fronte a aqueles datos que circulan na Rede e que o identifican sen que medie un interese obxectivo que xustifique a publicidade e que faga disminuir os seus dereitos ao *habeas data e á intimidade.

Por esta razón, é importante a recente sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, de 29-1-2008 (Asunto Promousicae / Telefónica de España).

Introdución aos colexios profesionais

Temos constancia dos primeiros colexios profesionais na Idade Media. Xorden como órgano de expresión dos núcleos profesionais típicos da Universidade medieval: os xurídicos e os sanitarios.

Icona de informaciónDurante o século XIX o liberalismo doctrinario intentou eliminalos argumentando que o seu funcionamento era tan anacrónico como os gremios, pero non se conseguiu.

Na sociedade española, os colexios profesionais contan cunha longa tradición pero empézanse a configurar, tal e como hoxe os coñecemos, a partir do segundo terzo do século XIX. Na actualidade España conta con medio centenar de profesións profesionais repartidas en preto de mil colexio profesionais.