Beneficios colexiais

Video IX A Noite

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • 1 mes 1 profesión dixital

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

A maioría das pequenas e medianas empresas non cumplen a lei de protección de datos

Só o 12% cumpre a normativa pero, segundo a Axencia de Protección de Datos, aínda que cada vez son máis.

Barbarías, dentistas, xestorías, hoteis e outras pequenas e medianas empresas (pymes) gardan datos persoais de clientes e empregados cun case total descoñecemento de como xestionarlos e protexelos.Logotipo de la Agencia Española de Protección de Datos

Dos tres millóns de pymes españolas, o 80% teñen datos de clientes, proveedores, empregados e contactos, segundo o Estudo sobre incidencias e necesidades de seguridade nas pequenas e medianas empresas españolas, realizado polo Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (Inteco). A maioría afirman coñecer a existencia dunha normativa, pero poucas a aplican.

Supercomputador Finisterrae

O superordenador reservará parte da súa capacidade para dar aceso aos retos de investigadores de todo o mundo.

O supercomputador Finisterrae, que ten a súa sede no Centro de Supercomputación de GaliciaSupercomputador Finisterrae (Cesga), comezará a colaborar nos mellores proxectos que presente a comunidade científica internacional. Segundo explicou o director do Cesga, Xavier García Tobío, vaise constituír un comité de acceso para darlles entrada a "proxectos vip".

En declaracións a La Voz de Galicia, García Tobío asegura que "se alguén ten un proxecto que dende o punto de vista científico computacional sexa de alto interese para a ciencia, reservarémoslle unha parte da máquina ata que o remate na súa totalidade e sen necesidade de esperar cola". Os investigadores elixidos terán catro millóns de horas de cálculo ao ano, o 20% da capacidade do Finisterrae.

Búscanse 25.000 enxeñeiros

O sector das novas tecnoloxías loita contra o déficit de profesionais contratándoos en orixe.

O sector das novas tecnoloxías loita contra o déficit de profesionais contratándoos en orixe

A denuncia non é nova: faltan profesionais no sector das novas tecnoloxías; e faltan moitos. Segundo a Asociación de Empresas de Tecnoloxías da Información e Comunicacións de España (AETIC), neste momento existe un déficit de 10.000 traballadores de alta cualificación, máis outros 15.000 con perfís medios e baixos. Nos próximos cinco anos, as empresas españolas precisarán de 30.000 enxeñeiros de Telecomunicacións.

Con todo, en 2006 as universidades españolas só produciron 13.700 licenciados en áreas do sector, dos que 2.100 eran telecos. O ano pasado, a Universidade Politécnica de Madrid recibiu 961 solicitudes de emprego para os seus estudantes, mentres que o curso 2005/06 pechouse con 322 titulados. A carencia é tal que un 58% dos estudantes están traballando antes de terminar a carreira.

Microsoft retira a súa oferta para comprar Yahoo!

O xigante informático Microsoft abandonou as negociacións para poder comprar a Yahoo! despois que estas fracasen.

Logotipo de Yahoo

Microsoft ofrecera 33 dólares por acción a Yahoo! que rexeitou dita oferta e situou o prezo da acción en 37 dólares.

O presidente executivo de Microsoft, Steve Ballmer explicou que "tras unha coidadosa consideración, cremos que as cifras demandadas por Yahoo! non teñen sentido para nós, e é o mellor para os accionistas de Microsoft, os seus empregados e outros accionistas que retiremos a nosa proposta".

Pola súa banda, o presidente de Yahoo!, Roy Bostock dixo que a compañía cría que a oferta de Microsoft a subvaloraba e que a xunta "estaba satisfeita con que tantos dos nosos accionistas unísenllenos ao expresar esa postura". Bostock dixo que Yahoo! estaba buscando "oportunidades estratéxicas".

A SGAE carga contra as compañías de ADSL

As acusacións van desde lucrarse coas descargas "ilegais" ata dar un pésimo servizo.

Á Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) non lle gusta a actitude das compañías telefónicas e de acceso a Internet. Pensan que llo levan morto á conta das descargas sen que os autores das obras reciban nada a cambio. O presidente do Consello de Dirección da entidade, Eduardo Bautista, deixouno onte moi claro. Se Telefónica, Vodafone ou Jazztel fan diñeiro non é pola calidade de de voz e datos que ofrecen senón polas descargas "ilegais" (as comiñas son súas) de obras protexidas como películas ilegais.

"Os abonados de Telefónica, Vodafone ou Jazztel pensan que as descargas sáenlle gratis, pero non é así, porque pagan por un servizo, moito máis lento, máis caro e de peor calidade que o acceso a ADSL da o media europea. O que ocorre que estas compañías o que venden en realidade é a posibilidade de baixarse obras protexidas legalmente sen ningún tipo de control", dixo Bautista.

Convocado un concurso para webs con dominio .es

O concurso encádrase dentro das celebracións do Día de Internet.

Con motivo do Día de Internet, que terá lugar o vindeiro día 17 de maio, a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, está a preparar (como vén sendLogotipo de red.eso habitual nos últimos anos) diferentes actividades para conmemorar a chegada da Rede de Redes ás nosas vidas, entre as que cabe destacar a convocatoria dun concurso para webs con dominio .es que inclúan artigos sobre a temática: Como as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) me axudaron a integrarme na sociedade; como melloraron a miña calidade de vida.

Nel poderán participar tódalas páxinas con dominio .es tales como webs, blogs, miniblogs, fotoblogs, videoblogs, wikis ou calquera outro formato que estean enfocadas a algún dos tres colectivos aos que se dirixe o devandito concurso: maiores de 65 anos, inmigrantes e persoas discapacitadas.

Celebración da Xornada de Internet: "2.0 A Nova Ágora Galega"

A xornada contará coa participarán de representantes do software libre e bloggers importantes na web2.0.

Logo da Universidade de VigoO vindeiro 14 de maio, mércores, celebraráse a Xornada de Internet que organiza anualmente a Consellería de Industria dentro dos actos que teñen lugar en toda Galicia con motivo do Día de Internet e do Día das Letras Galegas.

Este ano esta xornada terá lugar na Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense, leva o título "2.0 A Nova Ágora Galega", e estará dicada principalmente ás redes sociais e ás aplicacións da web 2.0 en ámbitos tan diferentes como o software libre, os negocios, a educación ou a literatura. Participarán representantes de empresas e bloggers importantes na web2.0 (Microsiervos, Weblogssl, Chuza, Loogic, Tíscar Lara, Rubén Ruibal, Daniel Martí,...) e do ámbito do software libre, como OpenBravo, Wireless Galicia ou Redegal. A información da xornada atópase en www.agoragalega.org

IMPORTANTE: A asistencia é gratuita, pero É PRECISO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE na web da xornada, posto que o aforo é limitado. A data límite para inscribirse é o vindeiro luns, 12 de maio, ás 14:00.

O Ministerio asina un convenio con Microsoft, HP e La Caixa para a incorporación á Sociedade da Información

O convenio favorecerá a incorporación á Sociedade da Información das pequenas e medianas empresas, da xente nova, dos universitarios e dos cidadáns.

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio asinou un convenio marco de colaboraciónAcordo industria, la caixa, microsoft e HP con Microsoft, La Caixa e HP para favorecer a incorporación á Sociedade da Información do maior número posíbel de pequenas e medianas empresas, xente nova, universitarios e cidadáns en xeral no marco da liña de financiamento ICO-Plan Avanza.

Miguel Sebastián subscribiu o acordo co presidente de Microsoft Corporation, Steve Ballmer; co director xeral adxunto executivo de La Caixa, Antonio Massanell, e co presidente de Hewlett Packard España, Santiago Cortés.

Steve Ballmer só teme a Google, a Apple e ao código aberto

O presidente de Microsoft identifica nun encontro con empresarios en Madrid os seus grandes competidores.

Logotipo de Microsoft

Yahoo foi o gran ausente no discurso do presidente de Microsoft, Steve Ballmer, durante o xantar organizado hoxe en Madrid pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), no que se reuniu con empresarios e xornalistas. "Este fin de semana termina o prazo que lle demos ao seu consello de administración. E se non queren escoitarnos teremos que trasladar os nosos argumentos aos accionistas", afirmou Ballmer, que non quixo dar nin unha opinión máis sobre o proceso de intento de compra de Yahoo.

Yahoo reinvéntase

A compañía quere unificar todos os seus servizos e páxinas web para facer fronte á ameaza das redes sociais.

Logotipo de Yahoo

Os usuarios de Yahoo terán pronto a posibilidade de manexar todos os servizos do popular portal de Internet desde unha única páxina. Segundo informa a web da BBC, a compañía iniciou un ambicioso proxecto de transformación que unificará todos os servizos do buscador.