Beneficios colexiais

Video IX A Noite

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Empresa, protección de datos y Administración Electrónica
    Empresa, protección de datos y Administración Electrónica

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

Camps culpa aos fallos informáticos dos atrasos das axudas á Dependencia

"A mesma circunstancia crítica estase vendo en todas as comunidades autónomas", dixo Camps.

O presidente da Generalitat, Francisco Camps, xustificou o atraso das axudas previstas na Lei de Dependencia nos fallos do sistema informático para o súa tramitación, pese ao cal a Generalitat atende a 100.000 dependentes, 85.000 máis que cando gobernaban os socialistas, segundo o líder valenciano.

Camps respondeu así no pleno das Cortes Valencianas a unha pregunta do portavoz do PSPV-PSOE, Angel Luna, sobre as medidas que pensa adoptar para que os valencianos "poidan acceder, de forma satisfactoria, a recibir as axudas a que lles dá dereito" a norma estatal.

Innovación e as universidades galegas crearán oficinas de software libre nos campus

A Consellería de Innovación e Industria e as universidades galegas fomentan o software libre.

Acto software libre. Blanco e os reitoresCómpre máis software libre no eido universitario galego e, polo tanto, máis marxe de manobra para o fomento da innovación. Este ben podería ser o piar sobre a que se asentan os acordos asinados hoxe entre a Consellería de Innovación e as tres universidades galegas e que van dirixidos a fomentar a presenza do código aberto en todos os niveis da vida académica: dende o fondo e a feitura do estritamente educativo até as ferramentas informáticas postas a disposición dos sete campus e/ou desenvolvidas dentro deses sete campus.

Faltan vocacións na carreira informática

Desde hai aproximadamente unha década, as aulas da maior parte das escolas técnicas e das facultades de ciencias de todas as universidades españolas están cada vez máis baleiras.

Faltan informáticos. É un feito. Curso tras curso rexístrase unha incesante disminución do número de alumnos matriculados. Con todo, é neste tipo de formación científico-técnica onde existe unha maior demanda das empresas e do mundo laboral. No presente curso académico, o 31% dos matriculados fixérono en carreiras do ámbito das ciencias sociais; o 24,6%, en ciencias da saúde, e o 22,8%, en titulacións científico-técnicas.

Nos últimos cinco anos, as facultades de Matemáticas perderon 5.630 alumnos; as de Física, 5.459, e as de Informática, 5.024 alumnos. Estas carreiras nutriran historicamente multitude de promocións de informáticos das empresas tecnolóxicas, consultoras e integradores de sistemas do país. Xa non é así.

O Consello da Xunta de Galicia aproba os estatutos do colexio

A aprobación dos estatutos permitirá rematar a formalización legal do colexio.

Logotipo da Consellería de PresidenciaO Consello da Xunta de Galicia ven de aprobar o pasado xoves 15 de maio os estatutos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Con esta aprobación dase un paso de xigante na constitución formal e legal do colexio, salvando a etapa máis longa das que restaban por realizar logo da Asemblea constituínte do pasado decembro de 2007. Para poder culminar esta etapa o colexio tivo que modificar os seus estatutos a través dunha Asemblea extraordinaria que se celebrou o derradeiro sábado do mes de marzo de 2008.

O decreto que avala os estatutos do colexio publicarase no DOG nun prazo aproximado de 30 días. A partir dese momento o colexio deberá inscribirse en diferentes rexistros para finalizar a súa constitución legal.

O Inteco lanza unha campaña para que particulares e pymes confíen en Internet

Os contidos diríxense aos mozos a través do lecer e aos adultos coa fraude online. A mensaxe céntrase na idea de que coas novas tecnoloxías hai que aplicar sentido común.

Logotipo de INTECOO Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (Inteco) puxo en marcha a «maior campaña en liña de xeración de confianza e seguridade en Internet», integrada no programa de difusión e divulgación da confianza na seguridade das tecnoloxías da comunicación, que ten unha dotación dun millón de euros.

A campaña, lanzada onte, foi aprobada en Consello de Ministros dentro das accións de comunicación, difusión e dinamización do Plan Avanza. Exclusivamente a través da rede, desenvolverase durante os meses de maio a xullo tanto en medios nacionais como locais, e centrarase en dous públicos que o Inteco considera dentro dos seus obxectivos básicos: os cidadáns particulares e as pequenas e medianas empresas. «O obxectivo é chegar aos internautas que non utilizan servizos de Internet como compras, banca en liña, etc; así como aqueles públicos non expertos que aínda teñen medo ou recelan da utilización das vantaxes da rede», explican desde a empresa pública.

Os enxeñeiros informáticos apoian a dixitalización dos xulgados

A reivindicacións xorden desde o Consello Xeral do Poder Xudicial.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros en Informática da Comunitat Valenciana (COIICV) mostrou este mércores o seu apoio ás reivindicacións realizadas desde o Consello Xeral de Poder XudicialLogotipo Colegio Profesional de Ingenieria en Informática de la Comunidad Valenciana (COIICV) (CGPJ) sobre a necesidade de contar cun sistema informático que permita controlar as distintas fases procesales nos procedementos xudiciais, segundo informou a institución colexial nun comunicado.

A entidade considera "inadmisible que en pleno século XXI, a xustiza española careza dunha aplicación informática que permita axilizar os procesos e, sobre todo, sirva para controlar os expedientes de execución de sentenzas".

O colexio asina un convenio coa Universidad Europea de Madrid

A UEM proporciona unha formación universitaria integral, orientada á adaptación do estudante ao contorno laboral e o seu desenvolvemento persoal.

Logotipo da UEMO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia ven de asinar recentemente un convenio coa UEM que permite o acceso a condicións vantaxosas para os/as membros colexiados/as na oferta formativa desta universidade.

Na sección de beneficios colexiais pode atoparse máís información sobre este convenio e as súas condicións.

O CPEIG participa no debate sobre a adaptación ao EEES na UDC

A sesión, organizada polos Representantes de Estudantes tivo lugar no salón de actos da Facultade de Informática.

Logotipo da UDCRepresentantes do CPEIG participaron onte nunha asamblea sobre a transformación en grado dos títulos actuais. A reunión tiña carácter
aberto co fin de contar con todas aquelas persoas que quixeran escoitar ou comentar algo sobre este importante tema: persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador, e alumnos. Cabe destacar a presencia de membros da Comisión Encargada da Transformación en Grao dos títulos Actuais, entre os que figuraban o Decano da Facultade e distintos directores de Departamento. Estes representantes mostraron os distintos puntos de vista e opinións sobre todas estas cuestións.

O CPEIG participa na presentación do primeiro informe de seguimento do PEGSI 2007-2010

“supuxo un antes e un despois no desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza”

Quintana e Blanco presentando o balance do PEGSIO vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e mailo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, veñen de presentar de xeito conxunto o primeiro informe de seguimento do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI 2007-2010) que, segundo palabras de Quintana, “supuxo un antes e un despois no desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza” ó contar, por primeira vez, cunha estratexia para a implantación das TIC no país.

Durante o acto de presentación, Quintana salientou que o PEGSI é a ferramenta que está a permitir que en Galicia se mude “a economía do cemento pola economía do coñecemento”, algo fundamental para crear un modelo económico sólido que nos protexa dos vaivéns da economía internacional e que estea altamente diversificado, “relativizando así o peso da construción como motor da economía”.

Mancomún celebra o seu segundo ano convertido nunha referencia

A proxección da inIciativa superou as fronteiras estatais e estará presente en diferentes programas europeos.

Mancomún.org, o proxecto de Innovación e Industria para a difusión do software libre cumpre dous anos superando con creces os logros acadados no seu primeiro ano de existencia.Logotipo de Mancomun

O portal foi escollido pola Unión Europea como a principal referencia do estado para conformar o grupo de expertos que asesorará a Comisión Europea na posta en marcha do OSOR, repositorio paneuropeo de Software Libre. Tamén participará como socio no proxecto SEMIC, o Observatorio Europeo de Interoperabilidade Semántica.