Beneficios colexiais

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Situación Laboral Enxeñerías Informática 2013

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

A Ciberseguridade, a análise nun novo faladoiro dixital, con expertos do INCIBE e de empresas punteiras

  • A xornada forma parte da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital
  • A asistencia é de balde previa inscrición en eventos@cpeig.gal

Logo CPEIG

Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desenvolverase o vindeiro 21 de setembro dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro, que abordará a ciberseguridade coa participación de expertos na materia, desenvolverase no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45H. a 14.00H.

A Fundación Vodafone selecciona seis proxectos de emprendemento en Galicia

O CPEIG anima as colexiadas e colexiados a participaren na convocatoria

Fundacion Vodafone

A Fundación Vodafone España realizou a primeira convocatoria para emprendedores do programa “Vodafone Connecting for Good Galicia”, na que o CPEIG anima as colexiadas e colexiados a que participen. A Fundación Vodafone España, co apoio da Xunta de Galicia e Vodafone, pretende apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia. 

Fernando Suárez dálles a benvida ás novas promocións da ESEI e preséntalles as vantaxes da colexiación

O presidente do CPEIG asistiu ao acto de acollida do alumnado o pasado 9 de setembro

Benvida ESEI 2016

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, participou o pasado 9 de setembro no acto de acollida ás novas promocións da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, no campus de Ourense, convidado polo director, Francisco Javier Rodríguez Martínez, á súa vez tesoureiro do Colexio.

Suárez Lorenzo referiuse ao elevado nivel de inserción laboral dos estudos de Informática e falou polo miúdo das vantaxes da colexiación. Apoiouse, así,  na “forza da unión”, para facerlle ver ao alumnado a importancia dunha organización “moderna, transparente e participativa. Un ente que defende e representa o título e a profesión á procura da regulación da mesma”.

GaliciaTIC analizará a transformación dixital para unha competencia global co CPEIG como colaborador

Xa te podes inscribir no evento, que terá lugar o 22 de setembro

Logo GaliciaTIC

A organización do evento GaliciaTIC -que  terá lugar o día 22 de setembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, baixo o lema “Transformación dixital para unha competencia global"- conta, entre as entidades colaboradoras, co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). 

Podes consultar o programa e realizar a inscrición a tráves do enlace http://galiciatic.com ou descargando a app en Android e IOS. Coma colexiada/o podes acollerte ás vantaxes das que nos beneficiamos como entidade colaboradora.

O CPEIG conta con novos estatutos para velar pola nosa profesión

O DOG publicou o pasado 9 de agosto o decreto que aproba os novos textos

Logo CPEIG

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado día 9 de agosto o Decreto 100/2016, do 7 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Trátase da materialización do acordo acadado en distintas asembleas xerais, a última delas celebrada o 21 de maio  do presente ano, para a modificación dos estatutos, que foron presentados no seu día na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do Goberno galego.

Xa tes á túa disposición o número 10 da revista TIG@

Inclúe unha ampla reportaxe sobre a “Noite da Enxeñaría en Informática”

TIG@

O CPEIG vén de publicar, en formato electrónico, un novo número da revista TIG@. Trátase da décima entrega da publicación, que ten periodicidade cuadrimestral. Podes lela en https://issuu.com/cpeig/docs/tig__num_10/0.

O CPEIG estará presente no Congreso CEDI, que se celebrará no mes de setembro en Salamanca

O encontro, que terá lugar do 13 ao 16, cobre todos os campos da informática

Logo CEDI 2016

O CPEIG participará nunha mesa redonda na V Edición do Congreso Español de Informática -que se  celebrará do 13 ao 16 de setembro na cidade de Salamanca- a través do seu presidente, Fernando Suárez, quen tamén é vicepresidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII).

O encontro  está estruturado en formato multi-congreso ecobre todos os campos nos que na actualidade incide a informática. A presente edición do CEDI está organizado pola SCIE e o grupo de investigación BISITE da Universidade de Salamanca

Catedral e CPEIG unen esforzos para desenvolver o emprego das novas tecnoloxías

Asinado un convenio de colaboración o pasado día 14 de xullo

Convenio Catedral Santiago

O CPEIG e a Fundación da Catedral veñen de poñer pos escrito a súa vontade de combinar esforzos e cooperar para o desenvolvemento do emprego das novas tecnoloxías e da sociedade da información na promoción, fomento, difusión e posta en valor da Catedral de Compostela e o Camiño de Santiago. Deste xeito, rubricaron o pasado 14 de xullo un convenio de colaboración que é o punto de partida dunha serie de proxectos que se desenvolverán conxuntamente.

Estudiante del Máster en Ingeniería Informática de la UDC entre los diez finalistas mundiales del 2016 IBM Master the Mainframe

Logo CPEIG

Master the Mainframe” es un certamen que organiza IBM en el que estudiantes universitarios de todo el mundo tienen la posibilidad de adquirir experiencia y mostrar sus habilidades con los sistemas mainframe de IBM, una arquitectura orientada a los procesos críticos de las grandes empresas.

IBM seleccionó a 65 estudiantes de entre los más destacados de 26 países para competir por un puesto en la fase final.

El ganador de la edición española Antonio Álvarez Rodríguez, graduado en Ingeniería Informática por la UDC y que actualmente cursa el “Máster Universitario en Ingeniería Informática (MUEI)” en la Facultad de Informática de la UDC, ha sido elegido uno de los diez finalistas mundiales.

O CPEIG presentou o libro “Historia da Informática, unha cronoloxía”, coa presenza do presidente da Xunta

Escrito por Henrique Neira baixo a coordinación de Javier García Tobío e Fernando Suárez Lorenzo

Historia Informatica

O CPEIG presentou o día 5 de xullo o libro “Historia da Informática. Unha cronoloxía”, un acto no que estiveron convocados autoridades académicas e políticas, colaboradores, colexiadas e colexiados, ademais de representantes do sector TIC, baixo a presidencia do titular do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo. A presentación tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Feijóo destacou a importancia da informática para a transformación económica de Galicia, “que xa é a quinta autonomía cun maior número de empresas tecnolóxicas”. Deste xeito, reivindicou “o momento de esperanza” para o sector, que evidencia que “Galicia é un bo lugar para innovar”.