Beneficios colexiais

Video IX A Noite

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Situación Laboral Nacional de los profesionales TI

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

Achegamos a programación informática e a robótica aos nenos e nenas ingresados no CHUS

• Como iniciativa piloto e coa idea de estendela a outros centros hospitalarios de Galicia
Obradoiro CHUS

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) levou o pasado día 2 de xaneiro ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela un obradoiro para achegarlles a programación e a robótica a un grupo de rapaces de entre 5 e 16 anos de idade que están ingresados. A experiencia, cuxo resultado foi moi positivo para a organización, actuou como piloto dun programa máis ambicioso que se pretende chegue a máis centros hospitalarios. 

Cinco finalistas optan ao premio ao mellor traballo fin de grao convocado pola FIC

En xaneiro saberase o nome dos gañadores dos 1.500 euros do primeiro premio e dos dous accésit de 500 euros
Cartel do premio

Cinco finalistas optan ao premio ao mellor traballo fin de grao aplicado da Facultade de Informática da Coruña (FIC), que dará a coñecer os gañadores neste vindeiro xaneiro. O vencedor levará 1.500 euros e outros dous dos seleccionados recibirán un accésit de 500 euros cada un deles. A iniciativa, que vai pola segunda edición, diríxese ao alumnado con cualificación de matrícula de honra que defendese o seu traballo no curso 2015/2016.  

Voluntarios do CPEIG difunden con éxito a “Hora do Código” en centros escolares e na Universidade

Levaron a programación informática a máis de 600 rapaces e rapazas desde os 3 ata os 17 anos de idade

Voluntarios do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) difundiron, cun sobresaínte éxito de participación, a iniciativa “Hora do Código”. Durante as últimas semanas organizáronse actividades de programación informática coa colaboración e apoio da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, e da Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Nos obradoiros participaron de balde rapaces e rapazas de entre 3 e 17 anos de idade.

A nena Antía González Arias, de dez anos de idade, resultou gañadora do Concurso de Postais do Colexio

O debuxo será a felicitación institucional do CPEIG para estas festas
Postal 2016

O xurado do concurso de postais de Nadal organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu  premiar o debuxo de Antía González Arias, presentado polo colexiado Alberto Arias. A nena recibirá unha tableta de 10 polgadas como recoñecemento ao seu traballo. 

O workshop participativo “Implementación en España do Marco Profesional TIC Europeo” celébrase o día 13 da man do CCII

O obxectivo é dar a coñecer a información actualizada sobre o European ICT Professionalism Framework

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) organizará  o vindeiro 13 de decembro no “Madrid International Lab” un workshop participativo como parte do desenvolvemento en España do European ICT Professionalism Framework, iniciativa impulsada pola Comisión Europea.

Participaremos no ciclo “Tecnoloxías da información e das comunicacións. O futuro xa chegou”, convidados pola RAGC

Coñeceranse os avances e debates máis importantes sobre o eido TIC durante os días 12, 13, 14 e 15 de decembro
ciclo RAGC

A Real Academia Galega das Ciencias organiza o ciclo “Tecnoloxías da Información e das Comunicacións: o futuro xa chegou”, que dará a coñecer algúns dos avances máis importantes e debates sobre temas de especial actualidade no eido das TIC durante os días 12, 13, 14 e 15 de decembro.

O CPEIG leva a “Hora do Código” a centros escolares e á Universidade durante os vindeiros días

Voluntarios difundirán a programación informática entre rapaces e rapazas desde os 3 ata os 17 anos de idade
Hora do codigo

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impulsará a partir da semana que vén, con motivo da iniciativa “Hora do Código,” actividades de programación informática coa colaboración e apoio da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, e da Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Os obradoiros, totalmente gratuítos, estarán dirixidos a rapaces e rapazas de entre 3 a 17 anos de idade. As  actividades desenvolveranse coa participación de voluntarios do CPEIG.

O Startup Weekend EDU Galicia quere compartir contigo unha experiencia inesquecible

Os retos da educación centrarán o evento que terá lugar no Centro Abanca Obra Social do 2 ao 4 de decembro
logo startup

O Startup Weekend, un dos eventos para emprendedores máis estendidos por todo o mundo, terá lugar do 2 ao 4 de decembro en Santiago de Compostela. Se tes unha idea de negocio e queres levala a cabo ou ben precisas aprender e facer “networking”, desde o CPEIG animámoste a participar.

O presidente do CPEIG intégrase como experto no comité técnico do Congreso de Cidades Intelixentes

O encontro sobre smart cities terá lugar os días 26 e 27 de abril en Madrid
congreso cidades

Tralo éxito das dúas primeiras edicións do Congreso de Cidades Intelixentes, celebradas en marzo de 2015 e abril de 2016, o Grupo Tecma Red e o Foro Sectorial de Cidades Intelixentes organizarán a terceira edición deste evento os días 26 e 27 de abril do ano que vén. Un ano máis, o Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) é unha das entidades colaboradoras.

Ofrecemos unha charla sobre redes sociais e menores en Arzúa o pasado 12 de novembro

O Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral convidou o presidente do CPEIG
Charla Arzua

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, ofreceu o pasado sábado, día 12 de novembro, unha charla na localidade coruñesa de Arzúa sobre redes sociais e menores. Un total de 40 asistentes, entre nais, pais e rapaces, xuntáronse para escoitar as recomendacións. O Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral convidou o CPEIG ao coloquio dentro das accións formativas programadas para o presente curso.