Xa se pode realizar a inscrición gratuíta e planificar a asistencia ao
Congreso anual que a Asociación @asLAN organiza os días 3 e 4 de abril
de 2019 no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.
Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta. Poderanse presentar traballos ata o 10 de maio e o premio entregarase no marco da "Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 28 de xuño en Santiago de Compostela
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a novena edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática. O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática.
Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira da Enxeñaría en Informática ou o traballo fin de Máster en Enxeñaría Informática nos anos 2017, 2018 e 2019. Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura podense consultar o final desta nova.
O noso compañeiro e vogal da Xunta de Goberno do CPEIG, Javier García
Tobío, recibe unha distinción da Unión Profesional de Galicia, na categoría de “Premio
Profesional Colegiado del Año”.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de
Galicia (CPEIG) amosa a súa desconformidade en relación á composición do
Consello Galego de Enxeñerías (CGES), asociación integrada por oito colexios
profesionais galegos de enxeñerías reguladas entre os que non se atopa o CPEIG.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de
Galicia (CPEIG) organizou a segunda sesión do novo proxecto tres14.pm., unha iniciativa que nace
coa idea de xerar un espazo de coñecemento, formación e networking entre
colexiadas e colexiados e unha persoa relevante para a profesión. A actividade celebrouse
no restaurante Árbore da Veira no Mirador do Monte de San Pedro da Coruña.
Analizarán as normativas sobre protección de datos, a futura lexislación da
intelixencia artificial e o tratamento de datos persoais das redes sociais por
parte dos partidos políticos
Curso desenvolto
grazas ao convenio de colaboración entre o Consejo General de Colegios
Oficiales Profesionales de Ingenieros (CCII) e a Universidad Nacional de
Educación a Distancia (UNED)
Curso desenvolto
grazas ao convenio de colaboración entre o Consejo General de Colegios
Oficiales Profesionales de Ingenieros (CCII) e a Universidad Nacional de
Educación a Distancia (UNED)