No Día das Rapazas nas TIC, máis de 400 estudantes de dez centros escolares
de toda Galicia seguiron por streaming
un coloquio entre catro mulleres do mundo das TIC
Fernando Suárez, presidente: “A nova tecnoloxía 5G afectará directamente aos
dispositivos da IoT, permitindo transmitir máis datos e en zonas onde agora non
hai cobertura”
Celebrarase un coloquio virtual con catro galegas que investigan, traballan
e emprenden coas TIC no que o alumnado poderá participar en directo desde os
seus centros escolares
Infórmase aos cidadáns sobre o dereito de oposición ao tratamento e
inclusión dos seus datos nos censos electorais, garantía presente no
Regulamento Europeo de Protección de Datos
A Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, o Centro
de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en
Informática de Galicia (CPEIG), no seu interese por promover as vocacións
tecnolóxicas femininas, lanzan o primeiro concurso #ApuntasTech?
Colaboramos coa primeira edición do Noroeste Agile
2019 (NOA), un evento para compartir e intercambiar coñecementos e experiencias
sobre o mundo Agile. Trátase dunha oportunidade inmellorable para crear
comunidade e establecer un camiño de colaboración entre o ecosistema formado
por empresas e profesionais con interese en Agile, co obxecto de mellorar no
deseño e desenvolvemento de produtos. Celebrarase o 30 de Marzo nos cines Cinesa
de Marineda City, de 9:00 a 14:30 horas. #PatrocinadorCastelao
Iván Luis Vázquez, vogal do Colexio profesional: “Os pais ou titores
deben manter un diálogo aberto cos seus fillos, educándoos no uso seguro e
positivo da tecnoloxía e actuando como referentes de comportamento dixital”
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
colabora con SF Formación, xunto ao Colegio de Abogados de A Coruña (ICACOR) a World
Compliance Association e Smart Human Capital, na organización do Congreso de Cibercrime e Seguridade Informática,
que se celebrará os días 22 e 23 de maio no salón de actos ICACOR (rúa Federico
Tapia 11, baixo. A Coruña).