Beneficios colexiais

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Guia LOPD docentes

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

Pesar do CPEIG polo falecemento de Jordi Guix, presidente da AQPE

Ocupou varios cargos no sector ferroviario e sanitario, ademais de ser profesor de Esade
Guix

O presidente da Agencia de Calificación de los Profesionales de la Ingeniería (AQPE) e decano do Col.legi d’Enginyers Industrials de Catalunya, Jordi Guix, finou este pasado sábado. O CPEIG exprésalle de forma pública á familia do finado o seu máis sentido pésame, ao tempo que se une á dor de compañeiros e amigos.

Jordi Guix, enxeñeiro industrial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Barcelona, ocupou varios cargos no sector ferroviario e sanitario. Foi tamén profesor de Esade.

A RAGC convoca os Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2017

Consta de dúas modalidades, Traballo de Investigación e Promoción de Xoves Investigadores
RAGC

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vén de convocar os Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2017 nas súas dúas modalidades: galardón a un Traballo de Investigación, dotado con 6.000 euros, e Promoción de Xoves Investigadores menores de 28 anos, cunha contía de 2.000 euros.

O prazo da convocatoria finalizará ás 13.00 horas do 3 de xullo de 2017.

Consulta as bases en http://www.ragc.gal/es/actividades/premios-de-investigacion

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebra 10 anos de vida

A defensa da profesión, folla de ruta dunha década ao servizo das persoas colexiadas e da sociedade da información

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) vén de constituír unha comisión para o deseño e posta en marcha das iniciativas relacionadas co décimo aniversario da creación do ente colexial, que se celebra no presente ano. Nas vindeiras semanas esta comisión difundirá as propostas consensuadas, labor para o que pide a colaboración das colexiadas e colexiados, que poden achegar as súas suxestións a través do correo electrónico informacion@cpeig.gal.

As 350 persoas que constitúen o CPEIG consolídano coma un dos colexios autonómicos cun maior éxito de colexiación entre todos os que aglutinan os profesionais da informática en España. Dentro da súas funcións representativas, cómpre sinalar que o Colexio galego ten un lugar destacado no Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática  (CCII), no que ocupa a vicepresidencia desde a creación deste órgano.

O CPEIG colabora no torneo First Lego League Galicia, que terá lugar en Ferrol o 18 de febreiro

O encontro buscar fomentar a curiosidade e o interese pola tecnoloxía entre a mocidade
Lego League

A terceira edición  da “FIRST LEGO League Galicia” terá lugar o vindeiro día 18 en Ferrol, baixo a organización da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e coa participación de diferentes patrocinadores, ente eles o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). A cidade ferrolá acollerá o torneo clasificatorio que facilitará o acceso á gran final de First Lego League España.

A FIRST LEGO League (FLL) é un programa que persegue o obxectivo de espertar na mocidade a curiosidade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía.

Educación e o CPEIG convocan o primeiro Concurso Literario Infantil sobre Protección de Datos

O certame vai dirixido a estudantes de 1º a 4º da ESO, ambos os cursos incluídos
Internet segura

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fai público hoxe, no Día Internacional da Internet segura, a convocatoria que comparte coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do primeiro Concurso Literario Infantil sobre Protección de Datos. O certame vai dirixido a rapazas e rapaces de 1º a 4º de ESO, ambos cursos inclusive, estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.

Participamos na Feira das Profesións do IES Rosalía de Castro de Compostela

Representounos o presidente do Colexio,Fernando Suárez Lorenzo, o pasado día 30 de xaneiro
Feira prof

A Feira das Profesións acolleu o pasado día 30 de xaneiro, na súa segunda edición, a case un cento de profesionais convocados polo IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela.

Representounos o noso presidente, Fernando Suárez, quen sumou esforzos no obxectivo de orientar o alumnado de Bacharelato sobre a súa elección de estudos para encamiñar a traxectoria académica e laboral.

O CPEIG agradécelle á ANPA do Rosalía de Castro o seu convite e felicítaa pola boa organización do evento.

O Colexio visitou O Carballiño para dar unha charla sobre redes sociais e menores

Nais e pais coñeceron, na Biblioteca Pública Municipal, as oportunidades e os riscos do uso das novas tecnoloxías
Carballiño

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, achegouse o pasado 27 de xaneiro ata O Carballiño para dar unha charla na Casa da Cultura sobre "Redes Sociais e Menores: riscos e oportunidades". O CPEIG agradécelles ás anpas Virxe da Cela e A Uceira do CEIP Calvo Sotelo a organización do evento, ademais do convite para participar nel, e ao Concello do Carballiño o seu apoio.

A xornada constituíu unha das moitas charlas que o CPEIG imparte en centros escolares, ben dentro do programa “Navega con Rumbo” ou “Rapaciñ@s”, ben fóra destas iniciativas pero a petición de asociacións de nais e pais interesados en que as súas fillas e fillos fagan un uso responsable e enriquecedor das redes sociais e as novas tecnoloxías.

Logramos a modificación dun proceso selectivo da Deputación da Coruña para técnico superior de Informática despois de recorrelo

A rectificación do organismo provincial “representa un exercicio de responsabilidade e é exemplarizante”, destaca o presidente do órgano colexiado

A Deputación da Coruña decidiu modificar a Relación de Postos de Traballo (RPT) despois de que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) interpuxese o pasado 26 de potestativo de reposición  contra a Resolución nº8221/2016, do 19 de abril do mesmo ano, pola que a Deputación convocaba o proceso selectivo para elaborar unha listaxe de “aspirantes a nomeamentos e/ou contratacións de persoal laboral temporal para postos de Técnico/a superior de Informática”.  A razón principal do recurso foi que nas bases se fixaba como requisito unha serie de titulacións que non garanten, en absoluto, o bo desempeño do posto.

As iniciativas “Navega con rumbo” e “Programación nas escolas” chegarán a preto de 200 centros

Educación e o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia renovan un ano máis a súa colaboración para iniciar o alumnado no eido da programación
Sinatura Educa

Un total de aproximadamente 200 colexios e institutos de toda Galicia beneficiaranse este ano de accións específicas no eido da programación informática e no uso seguro dos recursos tecnolóxicos postas en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. O conselleiro Román Rodríguez e mailo presidente do órgano colexiado de Informáticos, Fernando Suárez, ratificaron un ano máis o acordo para continuar cos programas “Navega con Rumbo” e “Programación nas Escolas”, co fin de axudar a mellorar as competencias dixitais dos estudantes así como a desenvolverse dun xeito máis seguro no ámbito tecnolóxico. Precisamente este ano, o convenio inclúe como novidade a posta en marcha de accións específicas (concursos, campañas,…) de sensibilización en relación coa protección de datos.

Recomendacións por mor do Día da Protección de Datos (28 de xaneiro)

O CPEIG considera de vital importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos

O CPEIG considera de vital importancia que a sociedade  galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos. Baixo esa premisa, elaboramos unha listaxe de recomendacións que facemos pública para contribuír a unha Sociedade da Información na que a cidadanía sexa consciente tanto de todas as oportunidades coma dos riscos que ofrece a Internet.