ANoite.gal

Vídeo 10 aniversario

Beneficios colexiais

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Situación Laboral Nacional de los profesionales TI

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

O CPEIG colabora no IV Congreso Ciudades Inteligentes que organiza SESIAD os días 30 e 31 de maio en Madrid

Xa está aberto o prazo de presentación de Propostas de Comunicacións e Proxectos de Cidades Intelixentes para mostrar as iniciativas que se están desenvolvendo no noso país. Pódense presentar as propostas para participar no IV Congreso Cidades Intelixentes ata o 20 de marzo 2018
Ciudades inteligentes
 O Comité Técnico vea pola calidade, representatividade e diversidade do programa do Congreso. En concreto: define as temáticas para o chamamento de Comunicacións e Proxectos, avalía e selecciona as Comunicacións para os relatorios orais, e a publicación das mesmas no Libro de Comunicacións e Proxectos ademais de en liña; propón e decide os Relatorios Maxistrais, e temáticas das Mesas Redondas, ademais de participar e facer achegas á propia dinámica do Congreso. 

O CPEIG impartiu unha charla sobre navegación na rede para alumnos de Primaria do centro Pilar Maestú Sierra da Pobra

Gabriel Ferreiro, docente: “Non fagas en internet nada que non farías na vida real”. Organizada pola Anpa Cadreche, celebrarase ás 16:00 horas no colexi
Navega con RumboO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartiu o 31 de xaneiro, unha charla de balde no Centro de Estudos Profesionais (CEP) Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal (Lugar Cadreche, s/n. Posmarcos), sobre a navegación en internet. A charla, organizada pola Anpa Cadreche, celebrause no propio colexio.
A xornada informativa, dirixida a alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria, pais, nais, titores e profesores, organízase con motivo do Día Europeo da Protección de Datos –efeméride que se conmemorou o 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades de protección de datos dos países membros da Unión Europea–. Estivo impartida polo colexiado Gabriel Ferreiro. O experto explica que internet é un mundo cheo de posibilidades para “aprender, divertirse e comunicarse”, pero usándoo con sentido común.

O CPEIG e a Consellería de Educación convocan o segundo concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

Alumnos de 5º e 6º de Primaria e da ESO presentaron os seus traballos ata o 28 de febreiro. O certame organízase con motivo do Día da Protección da Datos, que se conmemorou o 28 de xaneiro en toda Europa
decimo aniversario

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan o II Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos, dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnos e alumnos de 1º a 4º de ESO en centros escolares. O certame organízase con motivo do Día Europeo da Protección da Datos, que se conmemorou o 28 de xaneiro.

Ambas as dúas institucións consideran de moita importancia que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade. Sinalan que actualmente cómpre promover o coñecemento entre a cidadanía sobre cales son os seus dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.

O CPEIG impartiu unha charla sobre as redes sociais e internet no CEIP Noalla-Telleiro de Sanxenxo

O colexiado Iván Luis analizou as vantaxes e perigos do mundo dixital, ademais de ofrecer aos escolares e aos pais e nais recomendacións para unha navegación segura. A xornada, que foi de balde, celebrouse na biblioteca do centro escolar, organizada polo propio colexio, a Anpa O Telleiro e a Asociación de Veciños San Esteban de Noalla
Noalla_TelleiroO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) impartiu o 25 de xaneiro unha charla de balde no CEIP Noalla-Telleiro (Estrada. da Lanzada, 140. Noalla), do Concello de Sanxenxo, sobre as “Redes sociais e internet: vantaxes e desvantaxes”. A charla, organizada polo colexio, a Anpa O Telleiro e a Asociación de Veciños San Esteban de Noalla, celebrouse na biblioteca do centro escolar.  
A xornada informativa, dirixida a escolares, pais, nais ou titores, organízase con motivo do Día da Protección de Datos –efeméride que se conmemora o 28 de xaneiro, promovida polo Consello de Europa, a Comisión Europea e todas as autoridades de protección de datos dos países membros da Unión Europea–, e estará impartida polo colexiado Iván Luis Vázquez. O experto analizou a evolución da sociedade, “unha máis dixital que cambia os seus costumes para comunicarse”, e onde xorden termos como o nativo dixital ou os nacidos a partir de 1980 e o inmigrante dixital ou aquelas persoas que naceron entre 1940 e 1980.  

O CPEIG e Educación colaboran para afianzar as competencias matemática e científica entre o alumnado

Renovan un ano máis as iniciativas “Navega con Rumbo” e “Programación nas Escolas”, que chegarán a aproximadamente a 250 centros escolares
Renovación Navega con rumboEsta actividade responde a unha das liñas estratéxicas  da Consellería, que é reforzar as vocacións STEM entre os rapaces, materializada na Estratexia de Educación Dixital 2020

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron a renovación do acordo para continuar cos programas “Navega con Rumbo” e “Programación nas Escolas”, co fin de axudar a mellorar as competencias dixitais dos estudantes así como a desenvolverse dun xeito máis seguro no ámbito tecnolóxico.

Lucía Rodríguez Peña, de once anos, gañadora do Concurso de Postais do CPEIG

Empregaremos o debuxo premiado como a felicitación institucional do CPEIG para estas festas
postal 2017

A nena de once anos de idade Lucía Rodríguez Peña, filla do colexiado Manuel Rodríguez Salgado, resultou gañadora do Concurso de Postais do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) na edición deste ano.

Lucía Rodríguez recibirá un kit de robótica como premio ao seu traballo, unha postal que imita unha tableta co editor gráfico Paint e na que destaca a figura de Papa Noel como elemento principal, acompañada da frase “Bo Nadal 2017”. O CPEIG empregará a postal de Lucía como a felicitación oficial para estas festas.

O CPEIG colabora coas universidades de Vigo e da Coruña na difusión da Hora do Código

A través das actividades previstas este sábado na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e na Facultade de Informática coruñesa
codigo

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) colabora na difusión da “Hora do Código” nos actos centrais que con tal motivo se desenvolverán na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, e na Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña, o vindeiro sábado, día 16. Os obradoiros, totalmente gratuítos, estarán dirixidos a rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos de idade. Máis información e inscrición: www.horadocodigo.gal.

Asinamos un acordo coa Escuela de Finanzas para facilitarlles descontos vantaxosos en formación ás persoas colexiadas

Firmaron a directora xeral de EF, Patricia Muiño, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez

Escuela de FinanzasO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Escuela de Finanzas (EF) asinaron recentemente un convenio de colaboración que supón diferentes vantaxes para as persoas colexiadas. Por parte da Escuela de Finanzas asinou a directora xeral, Patricia Muíño, e en representación do Colexio fíxoo o seu presidente, Fernando Suárez.

Henrique Neira deu unha charla sobre o libro do CPEIG “Historia da Informática. Unha cronoloxía”

A cita foi na feira Culturgal, que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra
Neira

O pasado sábado, día 2 de decembro, o xornalista Henrique Neira (foto de Esteban Vázquez) impartiu unha charla na Feira das Industrias Culturais Culturgal sobre o libro “Historia da Informática. Unha cronoloxía”, obra escrita polo propio Neira baixo a coordinación de Javier García Tobío e Fernando Suárez, vogal e presidente do CPEIG, respectivamente.

O CPEIG conmemora os seus 10 anos de vida nun acto que terá lugar mañá xoves en Santiago

Intervirán protagonistas clave no devir tecnolóxico de Galicia para lembrar iniciativas que deixaron pegada
logo 10

O  vindeiro 15 de decembro cumpriranse dez anos da creación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Mañá xoves, día 30 de novembro, un evento participativo celebrará a efeméride e rememorará cada ano desa década desde un punto de vista tecnolóxico. O encontro terá lugar a partir das 19.00 horas no Salón de Actos do Centro Abanca Obra Social, sito na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Asociacións, empresariado e cargos institucionais xa confirmaron a súa asistencia ao acto, no que acompañarán ás colexiadas e colexiados.