ANoite.gal

Beneficios colexiais

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Situación Laboral Enxeñerías Informática 2013

Vídeo 10 aniversario

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

Noruega protesta ante a ISO por conceder un estándar a Microsoft

O organismo ISO estandariza o formato de arquivos Office Open XML, que foi rexeitado en setembro. A Comisión investiga a se houbo irregularidades nas votacións dos países membros.

O organismo ISO, modificando unha votación do mes de setembro, aceptou que o formato Office Open XML (OOXML), de Microsoft, se converta en estándar. ISO é un grupo de traballo con sede en Xenebra (Suíza) que define e desenvolve os estándares técnicos mundiais no que participan gobernos e empresas. Aínda que agora ábrense dous meses de prazo para presentar alegacións, as críticas á ISO xa empezaron, non só desde as filas do software libre. Noruega pediu a suspensión do seu voto (que cambiou do non de setembro ao si en marzo) á espera de que conclúa unha investigación por irregularidades do Ministerio de Industria e Comercio.

Desde hai tempo, os Estados reclamaban "a adopción dun formato que garantise que toda a documentación xerada por computador puidese ser gardada e recuperada despois con independencia do programa que a xerou", di o catedrático da Universidade de Valencia Gregori Martín.

Unha sentenza garante a privacidade dos datos persoais do usuario da Rede

A sentenza resolve que o Dereito Comunitario non obriga aos Estados a divulgar datos persoais para así garantir a protección efectiva dos dereitos de autor no marco dun procedemento civil.

Imaxe representativa da Unión EuropeaNon é unha novidade que Internet pode ser un ámbito agresivo para o dereito do cidadán a non ser importunado. Sobre todo, naqueles aspectos da súa vida que, salvo consentimento previo, desexa preservar de intromisións, ou fronte a aqueles datos que circulan na Rede e que o identifican sen que medie un interese obxectivo que xustifique a publicidade e que faga disminuir os seus dereitos ao *habeas data e á intimidade.

Por esta razón, é importante a recente sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas, de 29-1-2008 (Asunto Promousicae / Telefónica de España).

Introdución aos colexios profesionais

Temos constancia dos primeiros colexios profesionais na Idade Media. Xorden como órgano de expresión dos núcleos profesionais típicos da Universidade medieval: os xurídicos e os sanitarios.

Icona de informaciónDurante o século XIX o liberalismo doctrinario intentou eliminalos argumentando que o seu funcionamento era tan anacrónico como os gremios, pero non se conseguiu.

Na sociedade española, os colexios profesionais contan cunha longa tradición pero empézanse a configurar, tal e como hoxe os coñecemos, a partir do segundo terzo do século XIX. Na actualidade España conta con medio centenar de profesións profesionais repartidas en preto de mil colexio profesionais.

A Eurocámara rexeita penalizar as descargas

Xulga "esencial" non obstaculizar o acceso á cultura.

Parlamento Europeo non quere que se persiga aos internautas que descargan música e outros contidos culturais de forma masiva. Onte rexeitou, con 314 votos a favor e 297 en contra, un informe que propuña unha serie de medidas para penalizar a quen se aproveitan dos programas de intercambio de arquivos p2p (peer to peer) para acceder gratis á cultura.

A Eurocámara considera demasiado restritivas as medidas propostas para protexer os dereitos de autor e cre ademais que non son as adecuadas para combater as descargas. O texto pide que se recoñeza que, con Internet, "cambiaron de forma radical os modos clásicos de utilización dos produtos e servizos culturais" e considera "esencial" velar por un acceso sen obstáculos aos contidos culturais en liña, "por encima dunha lóxica puramente económica e comercial".

A Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense recibe ao colexio

O presidente e o vicepresidente do CPEIG foron recibidos polo director da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Enrique Barreiro.
Escudo da Universidade de Vigo

Na reunión, o colexio expresou o seu agradecemento ao director polo apoio e a participación na Asamblea constituinte do colexio, no pasado mes de decembro. Así mesmo, o colexio expuxo os obxectivos, as principais actividades e a situación actual da entidade.

Os principais temas abordados foron a implantación dos novos títulos de grao e postgrado e o futuro das demandas en sectores TIC en relación ao número de titulados tras as últimas novas aparecidas na prensa.

O colexio reúnese coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Política Públicas

O principal asunto tratado na mesma foi a xestión da calidade nos distintos ámbitos da Enxeñaría Informática e o seu traslado ás actividades desenvolvidas pola dirección xeral.

Logotipo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaMembros da xunta de goberno do CPEIG mantiveron unha reunión na Xunta de Galicia coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Política Públicas.

Durante a charla incial de carácter informal mantida co Subdirector Xeral de Infraestruturas Informáticas e de Telecomunicacións, Jaime Barros, os representantes do CPEIG expuxeron a visión do CPEIG sobre o visado de proxectos e os certificados de calidade, no seu caso. Jaime Barros amosou o seu interese sobre o tema á hora de colaborar cos proxectos que se ofertan desde a Ponencia Técnica.

A UDC na futura rede de parques tecnolóxicos de Galicia

O anuncio realizouse no marco das Xornadas de Parques Tecnolóxicos de Galicia, o director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia.

Logotipo da Universidade da CoruñaSalustiano Mato, vén de desvelar que "xa está en marcha a constitución dunha Rede de Parques Tecnolóxicos de Galicia que estará formada polo parque da Universidade da Coruña, o de Vigo e o Parque Tecnolóxico de Galicia" (situado en Ourense).

Mato destacou que o actual equipo de goberno da UDC está "en completa harmonía" coa idea de desenvolvemento científico e empresarial no que se está a traballar na Consellería de Innovación e que, neste senso, as universidade cumpren un papel fundamental.

O e-commerce crecerá un 17% en EEUU a pesar da recesión

Calcúlase que durante este 2008 podería xerar un total de 204.000 millóns de dólares.

Logotipo de Forrester Research

Para este ano 2008 está previsto que o comercio electrónico en Estados Unidos creza un 17%, e iso a pesar do risco de recesión ao que se enfronta a economía deste país.

Segundo un estudo da firma de investigación Forrester Research espérase que o e-commerce estadounidense alcance os 204.000 millóns de dólares durante este ano.

Os virus informáticos superan a cifra do millón

Un informe dunha empresa de seguridade na Rede asegura que a maioría dos programas malignos creáronse no último ano.

Logotipo de Symantec

O número de virus informáticos, vermes e troyanos en circulación superou a cifra do millón, de acordo cun informe de seguridade en Internet recollido pola BBC na súa edición dixital. Segundo o estudo da firma Symantec, creadora de Norton Antivirus, a gran maioría destes programas malignos xeráronse nos últimos doce meses.

Os cibercriminales lanzan estes programas malware para tratar de enganar aos anti-virus que rastrexan características que xa coñecen. De acordo co informe, na segunda metade de 2007 detectáronse 499.811 novas ameazas de códigos malignos.

As empresas galegas de alta tecnoloxía empregan a 71.900 persoas

A cifra de negocios dos sectores manufactureiros de tecnoloxía alta e media alta de Galiza superou os 10.622 millóns de euros en 2006.

Logotipo de INE

O número de persoas ocupadas nos sectores da alta tecnoloxía en Galiza ascendeu no ano 2006 a 71.900 persoas, o que representa o 6,2% da poboación ocupada, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por sectores, o número de ocupados nos sectores manufactureiros de tecnoloxía alta ascendeu a 7.200 persoas, os de tecnoloxía media-alta empregaron a 43.900 mentres que os servizos de alta tecnoloxía, deron emprego a 20.800 persoas.

A cifra de negocios dos sectores manufactureiros de tecnoloxía alta e media alta de Galiza superou os 10.622 millóns de euros no ano 2006, o que supón un incremento do 18,7% respecto ao ano 2005.