23 de novembro


Beneficios colexiais

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Situación Laboral Nacional de los profesionales TI

Vídeo 10 aniversario

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

Colaboramos coa IV edición local da Olimpíada Internacional de Robótica que se celebrará o 30 de xuño na Cidade da Cultura

WRO 2018

O próximo 30 de xuño, de 9:00 a 15:00 horas, celebrarase a IV edición local da WRO, Olimpíada Internacional de Robótica, na Cidade da Cultura no Gaiás, iniciativa organizada polo CPEIG, FEGAMP e Arkitas Robótica. 

CPEIG, Fegamp e Amtega organizaron unha xornada sobre a nova normativa de protección de datos destinada a concellos

O encontro, que se desenvolveu no Edificio Cersia de Santiago, contou coa participación dun centenar de técnicos
Xornada Lei Protección de Datos

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou unha xornada técnica e divulgativa sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e Administracións Públicas, organizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). Celebrouse durante a mañá no Edificio Cersia de Santiago de Compostela. O encontro, no que participaron un centenar de técnicos, foi inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira; o vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.

O CPEIG organiza coa Fegamp e Amtega unha xornada sobre a nova normativa de protección de datos para concellos

Celebrarase o 23 de marzo no Edificio Cersia de Santiago
Xornada Fegamp Protección de Datos

O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizará o vindeiro venres, 23 de marzo, unha xornada técnica e divulgativa sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e Administracións Públicas, organizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). Celebrarase de 9:30 a 14:30 horas no Edificio Cersia de Santiago de Compostela (rúa do Alcalde Raimundo López Pol). O encontro será inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira; o vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez

O CPEIG impartiu unha charla sobre os criterios para educar aos rapaces na era das novas tecnoloxías no Colegio Junior´s

O presidente do Colexio profesional, Fernando Suárez, comentou os principais perigos da rede, como o ciberbullyng, grooming, phising ou fraude, virus, contidos desapropiados e falsos, correos lixo e a violación da privacidade. Destinada a pais e nais de alumnos do centro, celebrouse no mes de marzo

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, impartiu o 9 de marzo unha charla no Colegio Junior´s de Santiago de Compostela (Roxos - Silvouta 81), titulada “Educar na era das pantallas”. 

 

Foro tecnolóxico: “25 anos da Rede en Galicia”

Foro tecnolóxicoO diario tecnolóxico de Galicia, Código Cero, celebrou os “25 anos da Rede en Galicia” cun foro tecnolóxico en Compostela co que colaboramos desde o CPEIG. Foi o 12 de marzo no Auditorio 2 do Centro de Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. 

O CPEIG convoca o Premio Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática cunha dotación económica de 1.000 euros

Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta. Poderanse presentar traballos ata o 10 de maio e o premio entregarase no marco da "Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 15 de xuño en Santiago de Compostela
IX Premio Fin de Carreira/Máster

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a novena edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática. O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática. 

Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira da Enxeñaría en Informática ou o traballo fin de Máster en Enxeñaría Informática nos anos 2016, 2017 e 2018. Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa  (ficha resumo do proxecto, resumo  e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.gal.

O CPEIG colabora activamente na xornada "A era tecnolóxica" que se celebrará o 16 de marzo en Santiago

Era tecnolóxicaO vindeiro 16 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela unha intensa sobre tecnoloxía e mulleres, titulada “A era tecnolóxica: un desafío para as empresas e os seus líderes”, que organizan de forma conxunta AUDICON e a Asociación para el Progreso da Dirección (APD) e coa colaboración activa do noso colectivo, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Executivas de Galicia, Mindset, e Valora Consultores. A xornada terá lugar no Auditorio Abanca (rúa do preguntoiro, 23), entre as 9:00 e as 14:30 horas. 

Fernando Suárez moderará unha mesa sobre cidades seguras no encontro CIMS Gal 2018 o 14 de marzo na Cidade da Cultura

CIMS Gal 2018O CPEIG colabora no encontro CIMS Gal 2018, organizado pola Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Axencia Galega de Innovación (GAIN) e Cluster TIC Galicia. O evento celebrarase o vindeiro 14 de marzo na Cidade da Cultura. O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, moderará unha mesa redonda sobre cidades seguras. Máis información e inscricións en http://cimsgal2018.gal/

O CPEIG recomenda á sociedade galega un uso responsable de internet

No Día Internacional de Internet Segura, que se conmemorou o 6 de febreiro, aconsella protexer os datos persoais durante as transaccións e compras online e incorporarse á cultura da protección de datos
Día de Internet SeguraCon motivo do Día Internacional de Internet Segura –coñecido tamén como o Safer Internet Day–, promovido pola Comisión Europea e organizado por Insafe o 6 de febreiro, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) considera de vital importancia que a sociedade galega faga un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías. Segundo advirte o lema desta efeméride en 2018, “Crea, conecta e comparte respecto: unha internet mellor comeza contigo”, o CPEIG intenta transmitir esta mensaxe especialmente aos menores e a mocidade, tal e como versa o contido do programa “Navega con Rumbo” posto en marcha xa hai sete anos co Consellería de Educación. 

O CPEIG colabora no IV Congreso Ciudades Inteligentes que organiza SESIAD os días 30 e 31 de maio en Madrid

Xa está aberto o prazo de presentación de Propostas de Comunicacións e Proxectos de Cidades Intelixentes para mostrar as iniciativas que se están desenvolvendo no noso país. Pódense presentar as propostas para participar no IV Congreso Cidades Intelixentes ata o 20 de marzo 2018
Ciudades inteligentes
 O Comité Técnico vea pola calidade, representatividade e diversidade do programa do Congreso. En concreto: define as temáticas para o chamamento de Comunicacións e Proxectos, avalía e selecciona as Comunicacións para os relatorios orais, e a publicación das mesmas no Libro de Comunicacións e Proxectos ademais de en liña; propón e decide os Relatorios Maxistrais, e temáticas das Mesas Redondas, ademais de participar e facer achegas á propia dinámica do Congreso.