Beneficios colexiais

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Jornada Calidad Software Galicia

Vídeo 10 aniversario

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

O colexio asiste á presentación do IDC de Ferrol

O centro, que formará parte do Centro Tecnolóxico do Naval de Galicia, prestará servizos ao empresariado galego nun dos sectores industriais máis importantes de galicia.

O IDC de Ferrol é un centro de realidade virtual de alto nivel creado para o desenvolvemento de actividades de I+D e a prestación de servizos avanzados ao empresariado galego do sector naval.

Aínda que a infraestructura está dirixida primordialmente a cubrir as necesidades do empresariado galego do sector naval, o estudo de viabilidade prevé que parte da súa actividade sairase dese ámbito. O patrimonio, a museísitca, a medicina, a formación, o entretemento, a ordenación do territorio, a construcción e as obras públicas, serán sectores tamén sbordados polo IDC Galicia.

Todos os concellos terán administración electrónica en 2009

No ano 2009, a totalidade dos procedementos administrativos dos concellos galegos poderanse tramitar electronicamente.

Logotipo da Administración electrónicaAsí o anunciou a directora xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo, que deu conta das actuacións levadas a cabo polo Goberno para impulsar a administración electrónica nos concellos.

Segundo a directora xeral, para este exercicio 2008, o seu departamento afronta "unha fase que entende como decisiva" da implantación da administración electrónica nos concellos e que se reflicte en tres actuacións fundamentais: unha análise pormenorizada da situación dos concellos para "implementar métodos de actuación e dotacións específicas", o desenvolvemento dunha plataforma informática específica que permita as relacións administrativas Xunta-Concello de xeito telemático e, por último, dotar a todos os concellos galegos do equipamento informático necesario para materializar a administración dixital.

A Asociación de Internautas recorre a LISI ante a Comisión

A organización asegura que a norma permite a "censura gubernativa" no comercio electrónico.

A organización asegura que a norma permite a "censura gubernativa" no comercio electrónico.

Europa sementou o xerme dunha regulación xurídica para os blogs. A Comisión Europea de Cultura aprobou o pasado 3 de xuño unha resolución na que avoga por un marco regulador para as bitácoras, nel contémplase un "etiquetado voluntario" que informe sobre a identidade do autor, os seus intereses políticos ou sociais e a responsabilidade social deste. A resolución, que se enmarca no Informe sobre a concentración e o pluralismo dos medios de comunicación na Unión Europea, será debatida no Parlamento Europeo o próximo mes de setembro.

"A enmenda é unha cuestión voluntaria. En Internet non existe a seguridade de que a información sexa certa", asegura a eurodiputada socialista María Badía quen considera que "o exceso de información" é unha das causas que promoven a intoxicación da Rede. De aí, que constituír un censo voluntario de bloggers poida xerar un efecto de confianza no lector: "xa que temos un exceso de información, inténtase procurar que os usuarios poidan saber quen son as fontes", argumenta Badía quen destaca que dito informe foi presentado por Marianne Mikko, eurodiputada de Estonia. A nacionalidade de Mikko pode ser unha das claves para entender a orixe desta proposta, posto que o fluxo de información que circulou entre Estonia e Rusia sempre foi posto en cuestión por motivos históricos e as súas prolongadas crises diplomáticas.

Estréase o ‘Finis Terrae’, base do futuro Cesga

Ao acto de presentación asistiron o Presidente e o Secretario do colexio, que aproveitaron o evento para debater con diferentes membros do contorno institucional, académico e científico.

Logotipo do Cesga

A Consellería de Innovación e Industria presentou o pasado xoves 12 de xuño en Santiago o supercomputador Finis Terrae, o de maior memoria compartida de Europa, que entrou en funcionamento o pasado 1 de abril. A Xunta de Galicia investiu 61 millóns no supercomputador e na nova sede do centro en Santiago.

A actividade en probas do supercomputador comezou o pasado 17 de xaneiro, e este período estendeuse ata finais do mes de marzo, entrando xa en pleno funcionamento o día 1 de abril.

Google recibirá o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades

A Wikipedia tamén concorreu nos Príncipe de Asturias.

Xurado dos premios Príncipe de AsturiasO xurado do Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades decidiu que o galardón deste ano recaerá sobre Google a proposta de José Luis Pardos (embaixador de España e gran divulgador da Internet).

Para premiar a Google tívose en conta tanto a labor da empresa organizando a información mundial publicada na web e facéndoa máis accesible universalmente, como a labor filantrópica emprendida dende a súa filial Google.org (que dedica parte dos beneficios da empresa para o desenvolvemento de proxectos medioambientais).

Necesítanse máis enxeñeiros informáticos e cada día hai menos estudantes

Existe unha falta de titulados en Enxeñaría Informática. As ofertas que buscan este perfil son cada vez maiores.

Logotipo Enxeñeria en InformáticaAs ofertas que buscan este perfil son cada vez maiores e as empresas teñen, cada día máis, problemas á hora de atopar profesionais do sector, debido á falta de titulados. Segundo datos deste ano da consultora de recursos humanos Adecco, as profesións asociadas ao sector TIC son as máis solicitadas polas compañías.

Segundo un informe recentemente presentado pola Fundación Observatorio para a Sociedade da Información de Cataluña (FOBSIC), a un 35% das empresas do sector sempre lle custa atopar traballadores cualificados do sector TIC.

Os enxeñeiros informáticos, invitados a formar parte do colectivo mundial de enxeñeiros

A presidenta da FMOI réunese na Facultade cos representantes dos colexios e facultades de informática.

Logotipo da Universidade Politécnica de Madrid (UPM).A presidenta electa da Federación Mundial de Organizacións de Enxeñaría (FMOI ou WFEO en inglés), María Jesús Prieto-Laffargue, invitou hoxe ao colectivo de enxeñeiros de informáticos, reunidos na Facultade de Informática da Universidade Politécnica de Madrid, a integrarse na FMOI. Propuxo a este colectivo, formado por representantes das facultades de informática de España, dos colexios e asociacións profesionais, integrar unha única entidade representativa que sexa a que presente a súa candidatura a formar parte da FMOI en calidade de asociado, prometendo a defensa persoal desta candidatura na reunión do Comité Executivo que terá lugar o próximo decembro en Brasília.

Varios países preparan ciberdefensas para frear os ataques organizados en Internet

A maioría de incidentes proceden de ordenadores rusos e chineses. O Goberno de EEUU presentou a súa Iniciativa para a Seguridade Cibernética Nacional cun orzamento de 11.000 millóns de euros.


A maioría de incidentes proceden de ordenadores rusos e chineses - O Goberno de EEUU acaba de presentar a súa Iniciativa para a Seguridade Cibernética Nacional cun orzamento de 11.000 millóns de euros. Virus contra disidentes, kits para tombar servidores de gobernos, medios de comunicación silenciados... No primeiro aniversario do bombardeo a Estonia, expertos de Trend Micro e Arbor Networks alertan do auxe dos ataques por motivos políticos en Internet. A CNN, Radio Liberty e os grupos prol-Tibet son os últimos afectados. Sucedeu fai un ano, cando o Goberno de Estonia retirou a estatua do Soldado Soviético Descoñecido e as protestas rusas saturaron as redes estonianas.

Chámana a primeira guerra de Internet e, tamén, o rexurdimento do hacktivismo, unha práctica nacida nos anos noventa que significa "usar a tecnoloxía para conseguir un obxectivo político".

Primeira criba de carreiras europeas

A Axencia de Calidade rexeita un 30% dos 205 títulos adaptados a Europa presentados polas universidades - Os máis peculiares non pasaron o corte.

Nin enxeñeiro en sistemas web nin graduado en ciencias da danza e o movemento. A Axencia de Calidade (Aneca, organismo dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, que agora depende a universidade) deu o visto bo a 138 carreiras e tirou para atrás 57 dos primeiros títulos adaptados a Europa que presentaron unha treintena de universidades. Con iso deixou claro que implantar os novos grados de catro cursos (que substituirán nos próximos anos a licenciaturas e diplomaturas) non vai ser un camiño de rosas para os campus. Dos 57 títulos rexeitados, 52 son de universidades privadas. Quedan aparte 10 títulos pendentes de avaliación.

Os carteiros convértense en tecnólogos

O sector postal liberalizárase en tres anos e a dirección de Correos decidiu tecnificar a empresa pública, apostando por: formar os carteiros para integrar o área de tecnoloxía e sistemas.

Logotipo de CorreosModernizar e dixitalizar unha compañía pública de 65.000 empregados cunha idade media de 47 anos, na que conviven un 50% de funcionarios con outro 50% de persoal laboral e un alto índice de sindicación. Ese era o obxectivo do Programa Integra que se puxo en marcha en Correos, acompañado dun gran investimento en medios tecnolóxicos, co fin de automatizar todos os procesos dun traballo que anteriormente realizábase de forma manual. Pero antes había que solucionar outro problema: un persoal analfabeto dixitalmente que non sabería sacar partido a esas novas ferramentas que pretendían multiplicar a eficiencia no operador postal público. Así, a dirección xeral realizou un encargo aos responsables de recursos humanos da compañía: preparar a todos os empregados para a implantación de Integra. Un reto para os responsables de formación que acaba de ser galardonado nos World Mail Awards, unha especie de Oscar no sector postal. Correos recibiu esta semana en Budapest o primeiro premio na categoría de xestión de persoas por impulsar a alianza entre as novas tecnoloxías e a formación como motor do cambio.