Beneficios colexiais

Video IX A Noite

Video Presentación CPEIG

Revista da Enxeñaría Informática

Libros do colexio

  • Historia da Informática en Galicia

Iniciativa do colexio

Boletin CPEIG

Apúntate ao boletín do colexio

O colexio reúnese co director da Escola Galega de Administración Pública

Fachada da EGAPVarios membros da Xunta de Goberno do colexio mantiveron unha reunión co director da Escola Galega de Administración Pública.

O encontro centrouse na análise de diversos modelos de colaboración no eido da formación, tanto na impartición de cursos como no aseguramento da calidade dos mesmos.

O alcalde de Santiago recibe á xunta de goberno do colexio

Na recepeción tamén participaron membros das xuntas de goberno do CPETIG e da AEIG.

O alcalde de Santiago saúda ao presidente do colexioO alcalde de Santigo reunido coas xuntas de goberno dos colexios

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente, Fernándo Suárez, e ao vicepresidente, Hernán Vila, nun acto de presentación da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

O colexio colabora nun panel de escoita do Observatorio da Situación da Lingua Galega

No panel participaron membros da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Arantia, 2mares, INEO, EGANET, COETG e do CPEIG.

Logotipo do plan xeral de normalizaciónO CPEIG participou nun panel de escoita do Observatorio da Situación da Lingua Galega, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se celebrou no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.

Durante o desenvolvemento do panel, en formato de debate moderado de tres horas de duración, os participantes expuxeron a súa visión sobre a situación da lingua galega nas TIC.

O colexio partipa no acto de constitución do Clúster TIC de Galicia

Durante o intermedio do acto e ao final do mesmo, os membros do CPEIG e CPETIG aproveitaron para intercambiar opinións sobre a marcha actual dos dous colexios.
Acto de constitución do cúster TIC

O pasado xoves 31 de xaneiro tivo lugar no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela o acto de constitución do Clúster TIC de Galicia, do cal o CPEIG e membro fundador. Na actualidade o Clúster TIC de Galicia engloba a 117 membros relacionados co sector, entre os que se atopan empresas, colexios profesionais, administracións públicas e asociacións.

O colexio mantén unha reunión co Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa

Logotipo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O pasado 14 de xaneiro tivo lugar unha reunión no Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, no que participaron o xefe do Servizo de Apoio á Administración Institucional e Corporativa, Simón Rego, e membros do CPEIG e o CPETIG. Por parte do CPEIG asistiron o presidente, Fernando Suárez, e o secretario, Juan Antonio Valiño. O CPETIG foi representado por Anxos Cabado, tesoureira.