Exención de cota para colexiados/as que se atopen en situación de desemprego

Requisitos para acceder á exención de cota por desemprego

  1. Ser membro colexiado/a cunha antigüidade mínima de 6 meses.

  2. Se o interesado/a é traballador/a por conta allea deberá ter causado baixa na súa relación laboral de forma non voluntaria e atoparse en situación de desemprego no momento de realizar a solicitude de exención de cota.

  3. Se o interesado/a é autónomo/a deberá ter cotizado á Seguridade Social nos últimos 6 meses e acreditar a baixa da súa actividade.

Documentación necesaria

  1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  2. Certificado que acredite a situación de desemprego.

  3. Formulario de solicitude de exención de cota cumprimentado e asinado [descargar].

Dereitos e obrigas

Os/as colexiados/as que se acollan á exención de cota estarán suxeitos/as aos dereitos e obrigas que se recollen neste apartado.

Dereitos

  1. Supresión das cotas de colexiación desde o momento da solicitude da exención.

  2. Acceso aos servizos colexiais coas limitacións que a Xunta de Goberno estime pertinentes de cara a manter a sostenibilidade económica e operativa do colexio.

Obrigas

  1. Acreditar a permanencia na situación de desemprego remitindo a colexio nos meses de xuño e decembro o certificado que acredite a permanencia en tal situación.

  2. Notificar a finalización de situación de desemprego en canto esta se produza.

  3. Aboar as cotas de colexiación desde o momento da finalización da exención de cota.

Causas de finalización da exención de cota de colexiación

  1. Solicitude ou notificación por parte do interesado/a.

  2. Incumprimento dos requisitos establecidos para acceder á exención de cota. Baixo este suposto considerarase que a data efectiva da finalización da exención de cota será a do día seguinte á finalización da situación de desemprego.

Onde entregar ou remitir a documentación

Os documentos para a exencio da cota deberán entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:

Rúa Fernando III O Santo 13 1ºA
Teléfono: 981 592 773 – Fax: 981 553 997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)