O CPEIG organiza o Curso Práctico de Programación e Adaptación de Prestashop

Dirixido a desarrolladores web que requiran implementar proxectos web complexos con Prestashop.

Logo Prestashop

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no Curso Práctico de Programación e Adaptación de Prestashop, ofertando un total de 20 prazas.

Prestashop é un dos xestores de tendas de comercio electrónico máis empregados na actualidade. Este CMS de comercio electrónico está programado en PHP e conta coa posibilidade de configurar diferentes plantillas, módulos e extensions.

Este curso formativo, cunha duración de 18 horas presenciais, está dirixido ás/aos profesionais que desexen coñecer de forma directa e práctica a programación e adaptación de Prestashop.

A metodoloxía da acción formativa é totalmente práctica, onde o alumno, desde a primeira lección, crea e modifica un portal a través dos exercicios propostos.

Cada alumno ten que traer o seu propio portátil para manter o traballo entre os diferentes dias e poder levar todo o final das sesións formativas. 

O curso consta dunha duración de 18 horas divididas en 4 sesións de 4:30 horas cada unha.

Relatores 

  • Luis Cambra: Programador e director de proxectos - 8 anos de experiencia programando, con desempeño de programación a medida, webmaster de tendas on-line e finalmente freelance.
  • Rafa Blasco: Programador - 2 anos como programador con experiencia en e-commerce, web e banca.

Os dous relatores impartiran o curso simultaneamente.

Exemplos do seu traballo:

Temario

  1. Introducción a Prestashop e as suas funcionalidades como CMS (Instalación e configuración)
  2. Personalización Plantilla en Prestashop
  3. Creación de módulos
  4. Overrides

Cada día se traballaría con exemplos para poder desenrrolar os coñecementos. Á idea é que os alumnos traballen cada día montando a sua tenda, plantilla, módulo ou programación a medida para aplicar os coñecementos adquiridos. En función de cómo se avanzaran as clases poderíase mover o temario para dar máis ou menos tempo a cada parte.

É preciso que cada alumna/o traia o seu propio portatil para manter os cambios realizados na ferramenta entre cada sesión.  

Lugar e calendario

Celebraráse na EGAP en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de maio en horario de 16:00 a 20:30

Inscrición

Número de prazas

O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición e colectivo de inscripción.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiadas/os do CPEIG e CPETIG: 99€ (se se precisa factura de servizos incrementarase co correspondente IVE)
  • Alumna/o de empresa Cluster Tic Galicia -  240€ (198 € + IVE) (25 % de desconto se o Alumna/o de empresa Cluster Tic Galicia matriculado dispón de título de Enxeñeira/o, Enxeñeira/o Técnico, Diplomada/o ou Licenciada/o en Informática- 180€ (148 €  IVE) )
  • Outro Alumnado - 450€ ( 371€ + IVE) 

Procedemento de inscrición 

O prazo para inscribirse nesta actividade de formación finalizou. 

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente da/o colexiada/o.

  • Outros. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse na conta corrente de "la Caixa" ES22-2100-2954-7502-0008-5712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("Prestashop"). 

    Remitir o xustificante de ingreso a conta vogal4@cpeig.org

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidas/os do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación das/dos alumnas/os inscritas/os por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.