O CPEIG organiza o Curso de "Comunicación Exprés" durante os días 15 e 16 de setembro

Oratoria, formación de voceiros e como intervir diante dos xornalistas serán algúns dos contidos que se tratarán

Logo CPEIG

O CPEIG organiza o Curso de Comunicación Exprés, unha iniciativa nova coa que se pretende que os asistentes adquiran -dunha forma áxil e entretida- os coñecementos necesarios para comunicarse co seu público e en situacións de todo tipo. 

Queres superar o medo escénico que che produce falar en público? Gustaríache aprender a construír e pronunciar un discurso? E a exercer de voceiro dun colectivo? Tes a necesidade de desenvolverte con máis soltura nas túas intervencións nos medios de comunicación? E de utilizar a comunicación para axudarche a resolver situacións de crise como a que provoca, por exemplo, un ataque cibernético?

Se a túa resposta a estas preguntas é si, agora tes a oportunidade de satisfacer as túas necesidades. A coordinación desta sesión formativa corre a cargo de Luís Fraga, profesional de dilatada experiencia nos medios de comunicación e na comunicación corporativa, e conta coa colaboración de Iván Olmos, subcampión mundial de oratoria.

Lugar e calendario

O curso ten unha duración de 8 horas e impartirase o venres 15 de setembro (16:30 - 20:30) e o sábado 16 de setembro (9:30 - 13:30).

Celebrarase en Santiago de Compostela

Programa

Venres 

16:30h. A Comunicación Corporativa. Que é a comunicación corporativa?. O dircom. A xestión da reputación. 

17:00h. Relacións cos medios. Creación de contidos para seducir aos medios. Como redactar unha nota de prensa. Como dar unha rolda de prensa.  

18:00h. Formación de voceiros. Simulación de intervencións reais en medios de comunicación: a entrevista en televisión, o "canutazo" para os reporteiros, a participación nun debate televisado.

Sábado

9:30h. Introdución á comunicación escrita. Como evitar os erros máis habituais. O correo electrónico.

10:00h. Introdución á locución. Dicción e expresividade ante o público.

10:30h. Oratoria. Como construír e pronunciar un discurso [Imparte Iván Olmos]. 

12:00h. A Comunicación de Crise. Comunicar para resolver crise. Caso práctico de comunicación de crise.

Inscrición

Número de prazas

O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as, precolexiados/as do CPEIG: 45€
  • NON colexiados/as, precolexiados/as que acepten compromiso de colexiación ou precolexiación:45€
  • NON colexiados/as e NON precolexiados/as: 95€

Procedemento de inscrición 

O prazo de inscrición deste curso rematou.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 14 de setembro na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("ComunicaciónExpress").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez tesoureiro@cpeig.gal

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.