Corpo Oficial de Peritos

Misión do Corpo Oficial de Peritos

Imaxe representativa das peritaxes xudiciaisNas comunidades autónomas nas que a Enxeñaría en Informática é unha profesión titulada e colexiada, por existir colexio oficial, como é o caso de Galicia, o conxunto dos/as peritos conforman o denominado Corpo Oficial de Peritos. Os membros do COP pasan a formar parte dunha lista única de peritos que se pon a disposición dos axentes xudiciais.

É unha tarefa propia do colexio a creación e xestión dun COP que responda ás demandas periciais dos/as xuíces e da sociedade en xeral. Neste sentido, os Estatutos do CPEIG recollen como unha das funcións do CPEIG cooperar coa Administración de xustiza e demais organismos oficiais na designación de colexiados/as que puidesen ser requiridos/as para realizar informes, ditames, taxacións, peritaxes ou outras actividades profesionais.

Como solicitar unha peritaxe

Se precisa os servizos dun perito pode poñerse en contacto coa Comisión de Peritaxes e Arbitraxes a través do formulario online de contacto.

Marco legal

O Artigo 340 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de enxuizamento civil recolle as seguintes condicións para os peritos:

  1. Os peritos deberán posuír o título oficial que corresponda á materia obxecto do ditame e á natureza deste. Se se tratare de materias que non estean comprendidas en títulos profesionais oficiais, haberán de ser nomeados entre persoas entendidas naquelas materias.

  2. Poderá así mesmo solicitarse ditame de Academias e institucións culturais e científicas que se ocupen do estudo das materias correspondentes ao obxecto da pericia. Tamén poderán emitir ditame sobre cuestións específicas as persoas xurídicas legalmente habilitadas para iso.

  3. Nos casos do apartado anterior, a institución á que se encargue o ditame expresará á maior brevidade que comparece ou persoas encargaranse directamente de preparalo, ás que se esixirá o xuramento ou promesa previsto no apartado segundo do artigo 335.

O Artigo 457 da a Lei de 1882 de enxuizamento criminal recolle o seguinte:

" Os peritos poden ser ou non titulares.

Son peritos titulares os que teñen título oficial dunha ciencia ou arte o exercicio da cal estea regulamentado pola Administración.

Son peritos non titulares os que, carecendo de título oficial, teñen, non obstante, coñecementos ou práctica especiais nalgunha ciencia ou arte."

Así mesmo, o Artigo 458 da a Lei de 1882 de enxuizamento criminal recolle o seguinte:

"O Xuíz valerase de peritos titulares con preferencia aos que non tivesen título."

Independementemente de toda as cuestións descritas anteriormente, as peritaxes informáticas constitúen unha oportunidade profesional á que se pode optar como colexiado/a

Requisitos para pertencer ao Corpo Oficial de Peritos

Candado medianoA pertenza ao COP e un servizo que unicamente se ofrece aos/ás membros colexiados/as.

O/A interesado/a en formar parte do COP deberá cumprimentar o formulario de alta no Corpo Oficial de Peritos.

Os/as membros do COP están suxeitos á Directriz 1005.3: Creación e funcionamento do corpo oficial de peritos, na cal se establecen as normas deste corpo.

Listado membros Corpo Oficial de Peritos 2017 

A continuación publicase o listado onde podera consultar a lista do Corpo Oficial de Peritos do ano 2017.

Segundo o articulo 28.2 da Ley Organica 13/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia indica que os datos persoais contidos neste listado non poden utilizarse con fins de publicidade ou prospección comercial. 

AdxuntoTamaño
Corpo_Oficial_Peritos_2017.pdf230.67 KB