Como colexiarse

Documentación necesaria

Para colexiarse precisan os seguintes documentos:
  1. Fotocopia do DNI ou pasaporte.

  2. Acreditación de posuir o título necesario. Esta acreditación poderase facer mediante
    1. Fotocopia compulsada do título de Licenciado/a ou Enxeñeiro/a en Informática. A compulsa pode realizarse nalgúns organismos públicos, nun notario, ou a través do servizo gratuíto de cotexo de título que o CPEIG ten en diversas cidades de Galicia.

      Para contactar co servizo gratuíto de cotexo de título do CPEIG pode utilizar os formularios web que se indican a continuación. O servizo de cada unha destas cidades indicaralle o lugar e hora nos cales poderá contactar cun representante do colexio que cotexará o título en cuestión. Así mesmo, tamén poderá aproveitar o momento do cotexo para entregarlle ao representante do colexio toda a documentación de colexiación en lugar de remitila por correo postal ou entregala na sede do colexio.

    2. A xeración dun código de verificación de título oficial:
      • Entrar na páxina de Títulos Oficiais do Ministerio de Educación. Solicitarase o seu certificado dixital.
      • Opcionalmente, se non o fixo con anterioridade, pode entrar en "Comprobe a sua relación de títulos oficiais" e verificar a información dos seus títulos.
      • Entrar en "Administre os seus permisos de consulta para entidades externas".
      • Prema o botón "Crear un novo permiso".
      • Estableza un período de vixencia do permiso de ao menos un mes dende a data na que vaia realizar a inscrición introducindo a data de caducidade axeitada.
      • Marque o título para o que desexa xerar o código de verificación.
      • Prema o botón Asinar. Aparecerálle unha xanela na que poderá seleccionar e aceptar seu certificado dixital.
      • Prema Crear permiso. Abrirase unha páxina de Permisos que tén outorgados a entidades externas.
      • Prema Ver no permiso que acaba de xerar. Nese momento descargarase un arquivo pdf cos datos do Título Oficial e o código de verificación. Gárdeo có nome orixinal.
  3. Documento da entidade bancaria onde consten o/a solicitante da colexiación como titular da conta e todos os díxitos da mesma: 4 para o código do banco, 4 para a oficina, 2 para o díxito de control e 10 para a conta corrente. Pode ser calquera tipo de documento bancario que inclúa a información anterior (impreso sacado da web, fotocopia da primeira páxina da libreta, etc). Non é preciso compulsar este documento.

  4. Formulario de colexiación cumprimentado e asinado [descargar].

  5. Formulario de adhesión ao seguro de responsabilidade civil xestionado polo colexio cumprimentado e asinado, ou documentación acreditativa de estar en posesión dun seguro equivalente á opción básica do seguro xestionado polo colexio [descargar]. A modalidade básica do seguro xestionado polo colexio non supón custe adicional, xa que se atopa incluído na cota de colexiación. Na sección de servizos deste sitio web está dispoñible máis información sobre o seguro de responsabilidade civil xestionado polo colexio.

Cotas de colexiación

A cota de colexiación é de 60 € semestrais (120 € anuais). Segundo acordo da Asemblea Xeral, cada unha destas cotas é integra. Esto quere dicir que independentemente do día do semestre no cal se produza a incorporación ao colexio, a cota cobrarse íntegramente.

A previsión é que os recibos se pasen cada seis meses, un no mes de xaneiro e outro en xullo. Excepcionalmente, durante o ano 2008 os recibos tramitaranse nos meses de abril e setembro.

Os/as membros colexiados en situación de desemprego poden acollerse á exención da cota de colexiación.

Onde entregar ou remitir a documentación

Os documentos para a colexiación deben entregarse ou ser enviados por correo ordinario á sede do CPEIG no seguinte enderezo:

Rúa Fernando III O Santo 32 baixo
Teléfono: 981 553 355 – Fax: 981 553 997
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)