Bolsa de emprego

Símbolo de bolsa de empregoO portal do colexio ofrece aos seus colexiados e colexiadas unha bolsa de emprego. Esta bolsa é coherente coas ideas do colexio en canto a que as ofertas publicitadas deberán ser adecuadas á entidade e os coñecementos dos enxeñeiros e enxeñeiras en informática.

A bolsa de emprego ten por tanto un dobre obxectivo. Por unha banda é un servizo máis para os colexiados e colexiadas. Pola outra, serve como medio de promoción das figuras do enxeñeiro e da enxeñeira en informática no ámbito empresarial.

Se desexa remitir unha oferta á bolsa de emprego do colexio pode utilizar o formulario electrónico de envío de ofertas de emprego

Será o colexiado ou colexiada quen, tras estudar a oferta, decida se enviar ou non o seu CV ao contacto indicado na oferta polo ofertante de emprego. A Comisión de Emprego do CPEIG non enviará ningún dato de colexiados e colexiadas a ningunha empresa demandante de profesionais. As ofertas serán notificadas exclusivamente a aqueles colexiados e colexiadas que requiran devandita notificación.

Candado medianoA bolsa de emprego é un servizo que unicamente se ofrece aos/ás membros colexiados/as. Para recibir as ofertas de emprego debe suscribirse á lista de correo de ofertas de emprego. Pare elo prema no enlace "a miña conta" que se atopa na barra de menú superior, dentro do seu perfil seleccione a pestana "Editar" e faga click no botón "listas de correo".