Información sobre a Asemblea Xeral 2016

Logotipo da Asemblea Xeral 2016

Data, hora e lugar

  • Data: Sábado 21 de maio de 2016.
  • Hora:
    • Asemblea Xeral extraordinaria: 10.00 en 1ª convocatoria e 10.30 en 2ª convocatoria
    • Asemblea Xeral ordinaria: 11.15 en 1ª convocatoria e 11.45 en 2ª convocatoria
  • Lugar: Sede Afundacion - Rúa Villar, 19, 15706, Santiago de Compostela  de Compostela.

Documentación relacionada coas asembleas

Convocatoria

Na convocatoria oficial da asemblea poderá atopar a xustificación da mesma e a orde do día.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Convocatoria oficial da Asemblea Xeral 2016 [descargar]

Estatutos

A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a operativa do colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Decreto 82/2010, do 6 de maio, polo que se aproban a modificación dos Estatutos do CPEIG

  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar]

Actas das asembleas celebradas en 2015

No ano 2015 celebráronse dúas asembleas xerais das cales é precisa a aprobación das súas actas.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria 2015 (AX-2015/01) [descargar]

  • Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2015 (AX-2015/02) [descargar]

Memoria anual de actividades

Os estatutos do colexio recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do Colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Contas do exercicio 2015

A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Orzamentos e cotas de colexiación

Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe aprobar os orzamentos do ano 2016 e as cotas de colexiación.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Orzamentos e cotas previstas para o ano 2016 [descargar]

Candidatura a Colexiado de Honra

Os estatutos do colexio recollen a posibilidade de establecer membros colexiados/as de honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que lle rendan ou renderan servizos destacados ao colexio ou á profesión. Este título debe ser outorgado mediante acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta de Goberno.

  • Candidatura a Colexiado de Honra 2016/01:  [descargar]