Información sobre a Asemblea Xeral 2015

Logotipo da Asemblea Xeral 2015

Data, hora e lugar

  • Data: Mércores 3 de xuño de 2015.
  • Hora:
    • Asemblea Xeral extraordinaria: 18.15 en 1ª convocatoria e 18.45 en 2ª convocatoria
    • Asemblea Xeral ordinaria: 19.15 en 1ª convocatoria e 19.45 en 2ª convocatoria
  • Lugar: Centro Sociocultural Santa Marta - Sala Agustín Magán, sito en Rúa Antonio Rama Seoane 6, 15706, Santiago de Compostela  de Compostela.

Documentación relacionada coas asembleas

Convocatoria

Na convocatoria oficial da asemblea poderá atopar a xustificación da mesma e a orde do día.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Convocatoria oficial da Asemblea Xeral 2015 [descargar]

Estatutos

A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a operativa do colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Decreto 82/2010, do 6 de maio, polo que se aproban a modificación dos Estatutos do CPEIG

  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar]

Actas das asembleas celebradas en 2014

No ano 2014 celebráronse dúas asembleas xerais das cales é precisa a aprobación das súas actas.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria 2014 (AX-2014/01) [descargar]

  • Acta da Asemblea Xeral Ordinaria 2014 (AX-2014/02) [descargar]

Memoria anual de actividades

Os estatutos do colexio recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do Colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Contas do exercicio 2014

A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Orzamentos e cotas de colexiación

Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe aprobar os orzamentos do ano 2015 e as cotas de colexiación.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Orzamentos e cotas previstas para o ano 2015 [descargar]

Candidatura a Colexiado de Honra

Os estatutos do colexio recollen a posibilidade de establecer membros colexiados/as de honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que lle rendan ou renderan servizos destacados ao colexio ou á profesión. Este título debe ser outorgado mediante acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta de Goberno.

  • Candidatura a Colexiado de Honra 2015/01: D. Miguel Anxo Rios Fernandez [descargar]