Información sobre a Asemblea Xeral 2014

logo asemblea xeral 2014

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebrará dúas asembleas, unha extraordinaria e outra ordinaria, no segundo sábado do mes de maio.  

Data, hora e lugar

  • Data: Sábado 10 de maio de 2014.
  • Hora: 
    • Asemblea Xeral extraordinaria: 10.00 en 1ª convocatoria e 10.30 en 2ª convocatoria
    • Asemblea Xeral ordinaria: 11.30 en 1ª convocatoria e 12.00 en 2ª convocatoria
  • Lugar:  Auditorio Obradoiro - Centro Social Fundación Novacaixagalicia 
    Rúa Nova 33, 15705, Santiago de Compostela.

Documentación relacionada coas asembleas

Convocatoria

Na convocatoria oficial da asemblea poderá atopar a xustificación da mesma e a orde do día.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Convocatoria oficial da Asemblea Xeral 2014 [descargar]

Estatutos

A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a operativa do colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Decreto 82/2010, do 6 de maio, polo que se aproban a modificación dos Estatutos do CPEIG [descargar]

  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar]   

Actas das Asembleas celebrada en 2013

No ano 2013 celebraronse duas asembleas: unha asemblea xeral ordinaria e unha asemblea xeral extraordinaria das cuais é preciso a aprobación das súas actas.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Acta da Asemblea Xeral extraordinaria 2013 (AX-2013/01) [descargar]

  • Acta da Asemblea Xeral ordinaria 2013 (AX-2013/02) [descargar]

Memoria anual de actividades

Os estatutos do colexio recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do Colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Memoria anual de actividades 2013 [descargar]

Contas do exercicio 2013

A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Orzamentos e cotas de colexiación

Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe aprobar os orzamentos do ano 2014 e as cotas de colexiación.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Orzamentos e cotas previstas para o ano 2014 [descargar]

Candidaturas a colexiados/as de honra

Os estatutos do colexio recollen a posibilidade de establecer membros colexiados/as de honra, que serán aquelas persoas, pertencentes ou non á profesión, que lle rendan ou renderan servizos destacados ao colexio ou á profesión. Este título debe ser outorgado mediante acordo da Asemblea Xeral, a proposta da Xunta de Goberno.

  • Candidatura a Colexiado de Honra 2014/01: D. Domingo Molina Moscoso - Director de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Administración Xeral do Estado [descargar]
  • Candidatura a Colexiado de Honra 2014/02: D. Jacinto Canales de Caso - Presidente do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática (CCII) [descargar]