No Día Internacional das Rapazas nas TIC,o CPEIG impulsa e colabora co
Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) na xornada que se celebrará o
vindeiro 26 de abril na súa sede. É unha efeméride de ámbito internacional creada
para motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren as TIC como un
ámbito axeitado para o seu desenvolvemento académico, investigador e
profesional.
Fernando Suárez, presidente: “As pulseiras de control deportivo ou reloxos intelixentes poden ser unha fonte de ataques á privacidade e á seguridade dos cidadáns”
Con motivodo
Día Internacional da Internet das Cousas (https://www.iotday.org), organizado hoxe luns, 9 de abril, polo IOT Council, o Colexio Profesional
de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) considera de vital importancia
que a sociedade galega sexa consciente dos dispositivos da Internet das Cousas
que emprega e faga un uso
responsable e seguro dos mesmos de cara o envío de datos persoais e a súa
publicación en Internet.
Patrocinamos o I Congreso do PMI Galicia Spain Chapter que se celebra
hoxe na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela (Auditorio 1
CINC). O obxecto do evento é promover e desenvolver as boas prácticas da dirección
e xestión de proxectos, nas súas distintas áreas de aplicación no ámbito galego,
baixo o enfoque de PMI (Professional Management International). O presidente,
Fernando Suárez, participará nunha mesa redonda sobre a profesión de xestión
de proxectos xunto a outros expertos.
A Orde indica que para acceder a esta praza funcionarial é preciso estar en posesión ou en condicións de obter o título de licenciado ou graduado nunha titulación de calquera rama
O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) presentou
un recurso de reposición contra a Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se
convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no subgrupo A1 de escala de sistemas e
tencoloxía da información.
O próximo 30 de xuño,de 9:00 a 15:00
horas, celebrarase a IV edición local da WRO, Olimpíada Internacional de
Robótica, na Cidade da Cultura no Gaiás, iniciativa organizada polo CPEIG, FEGAMP
e Arkitas Robótica.
O encontro, que se desenvolveu no Edificio Cersia de Santiago, contou coa participación dun centenar de técnicos
O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou unha xornada técnica e divulgativa sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e Administracións Públicas, organizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). Celebrouse durante a mañá no Edificio Cersia de Santiago de Compostela. O encontro, no que participaron un centenar de técnicos, foi inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira; o vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
Celebrarase o 23 de marzo no Edificio Cersia de Santiago
O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
organizará o vindeiro venres, 23 de marzo, unha xornada técnica e divulgativa
sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade
dos concellos e Administracións Públicas, organizada en colaboración coa
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica (Amtega). Celebrarase de 9:30 a 14:30 horas no
Edificio Cersia de Santiago de Compostela (rúa
do Alcalde Raimundo López Pol). O encontro será inaugurado pola directora
da Amtega, Mar Pereira; o
vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel
Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando
Suárez.
O presidente do Colexio profesional, Fernando Suárez, comentou os principais perigos da rede, como o ciberbullyng, grooming, phising ou fraude, virus, contidos desapropiados e falsos, correos lixo e a violación da privacidade. Destinada a pais e nais de alumnos do centro, celebrouse no mes de marzo
O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática
de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez,
impartiu o 9 de marzo unha charla no Colegio Junior´s de Santiago de
Compostela (Roxos - Silvouta 81), titulada
“Educar na era das pantallas”.
O diario tecnolóxico de Galicia, Código Cero, celebrou os “25
anos da Rede en Galicia” cun foro tecnolóxico en Compostela co que colaboramos
desde o CPEIG. Foi o 12 de marzo no Auditorio 2 do Centro de
Innovación Cultural (Edificio CINC) da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago
de Compostela.
Os tres finalistas, seleccionados por unha comisión experta, beneficiaranse dun ano de colexiación gratuíta. Poderanse presentar traballos ata o 10 de maio e o premio entregarase no marco da "Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia", que se celebrará o 15 de xuño en Santiago de Compostela
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a novena edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática. O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática.
Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira da Enxeñaría en Informática ou o traballo fin de Máster en Enxeñaría Informática nos anos 2016, 2017 e 2018. Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do proxecto, resumo e memoria completa do mesmo) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.gal.